Skip to Content

Recollida de material e obxectos persoais do alumnado

Sabemos que as familias estades desexando acudir ao Centro para recoller o material e os obxectos persoais do alumnado que quedaron nel no inicio do Estado de alarma. Para isto temos establecido unhas datas e unhas quendas para poder cumprir o protocolo de seguridade sanitaria, evitando aglomeracións.

As normas de acceso ao centro son básicas:
- Unha única persoa por familia para recoller as pertenzas do alumnado. Non se pode acceder ao  centro con menores.
- Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans. Obrigatorio o uso de mascarilla dentro do Centro.
- Permanecer no interior o menor tempo posible.
- Contaremos cun horario de recollida de material específico, para non interferir con outras tarefas administrativas do Centro.

Quedan establecidas as seguintes quendas:

    Luns 1 de xuño de 2020
10:45 a 12:00 h: 5º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada de Ed. Primaria).
10:45 a 12:00 h: 4º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).
12:00 a 13:15 h: 6º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).

    Martes 2 de xuño de 2020
10:15 a 11:30 h: 1º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).

    Mércores 3 de xuño de 2020
10:15 a 11:30 h: familias de 2º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
11:30 a 12:45 h: familias de 3º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).

    Xoves 4 de xuño de 2020
10:15 a 11:30 h: familias de 4º de Ed. Primaria (acceso pola porta da etapa).
11:30 a 12:45 h: familias de 5º e 6º de Ed. Primaria (acceso pola porta da etapa).
11:30 a 12:45 h: familias de ESO  (acceso pola porta de Secundaria).

No momento de vir ao centro lembren facer a entrega dos libros de préstamo da Biblioteca do Centro e das Mochilas Viaxeiras que podan estar nos domicilios do alumnado.

Agradecemos de antemán a súa colaboración.



page | by Dr. Radut