Skip to Content

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ

Temos entre nós Un Campión de España de Orientación!.
 De todos é sabido que o noso compañeiro e profesor de Bioloxía , Física e Química, David Casado Bravo, ademais de  exercer de profesor e colaborador  habitual no fomento da actividade física no centro  é tamén,  activo atleta  e participante asiduo nas carreiras de orientación, tanto a título individual, como por equipos, membro do equipo de O Pasatempo de Betanzos  , así como organizador  como membro da Federación Galega de Orientación a que pertence de moitas probas de dita especialidade, incluídas as que se fan no noso centro dentro do programa Xogade, e que sen a súa axuda, sería máis complexo organizar,   pero ademais e UN CAMPIÓN CON TODOS OS MÉRITOS , xa que quedou primeiro en categoría veteranos no Campionato de España de LLanes, celebrado no mes de Abril.                         
Así que era merecida mención a xesta, que a campión de España non chega calquera!!, vaia por diante o noso recoñecemento e orgullo por poder contar no centro con el e a súa contribución e colaboración o fomento da actividade física no centro e os nosos PARABÉNS!
 


page | by Dr. Radut