Skip to Content

AMBIENTES FEBREIRO

 

 

No ambiente artístico e sensorial traballamos a estación do inverno a través da manipulación e creatividade. Puidemos crear as nosas propias obras de arte con cores frías propias desta estación, coas pezas soltas de madeira e manipulamos neve artificial na Tuff Tray. Por último, gozamos facendo trasvases con agua de cor azul na mesa sensorial.

 

No ambiente simbólico e construtivo estivemos desenvolvendo ao máximo a nosa imaxinación con distintas propostas e materiais. No corredor contamos con tuberías de distinto tipo, bridas, cinta aislante, tesoiras… Con xogos de pezas de madeira cos cales facer diferentes construcións, disfraces, e dous minimundos de inverno. Dentro da aula puidemos xogar coa cocinita, o super, os bebés… E con un novo xogo de carpintería que nos encantou.

 

No ambiente de luces e sombras experimentamos nas mesas de luz con diversidade de materiais translúcidos, coma telas, vasos, pedras, cubos de xeo…sen esquecernos da motricidade fina e a clasificación con elementos do inverno como as folerpas. Logo, desenvolvemos o xogo simbólico con laberintos de cartón, tubos, pezas translúcidas, e tamén crearon minimundos cun teatro de sombras, onde repasaban as siluetas formadas cos materiais non estruturados. No recuncho de luz negra, crearon composicións abstractas con tiras translúcidas, cores, bolígrafos de tinta invisible e cintas. Por último de forma transversal tratamos o círculo cromático mesturando cores con paletas e papel charol.

 

En derradeiro lugar, no ambiente de lecto, mates e ciencia tivemos a oportunidade de experimentar na mesa sensorial con algodón, ao que coa axuda de diferentes instrumentos demos cor, así como tamén o fixemos co bicarbonato e o vinagre. Contamos coa pizarra e o soporte de area para poder realizar trazos co fin de desenvolver a nosa motricidade fina; ao sumo, construimos palabras do mesmo modo que faríamos pulseras e mesmo recortando os xornais para logo, construir as nosas propias novas ou crear palabras coas letras que alí se agochaban. A diana e o dado foron os materiais que máis nos gustaron para traballar a lóxico matemática; e por último, na mesa de luz traballamos todos estes conceptos con diferentes materiais (imáns, pinzas, pedras de cores, vasos con números…).

 

                                                                                  

 

 

Agardamos que vos guste, familias!

 



page | by Dr. Radut