Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

GRADUACIÓN 2019

O xoves 20 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 4º de ESO. Foi un acto emotivo, son moitos os recordos que se acumulan en 13 anos de convivencia, pero tamén  nos divertimos con algunha destas lembranzas. Finalmente desexámoslle a esta promoción tan marabillosa que acaden todos os seus soños, nesta nova etapa que hoxe emprenden.

 
 

 
 
 
 

O CPI VIRXE DA CELA NO PARLAMENTO DE GALICIA. ACTOS DA CME 2019

No día de onte, unha representación do alumnado do centro estivo no Parlamento de Galicia dentro dos actos da Campaña Mundial pola Educación. Unha das alumnas do centro, Andrea Morás Naveira, fixo de portavoz e solicitoulle aos nosos representantes políticos a necesidade de fornecer nas escolas un desenvólvemo sostible, tanto local como global. Trátase de que o que facemos e aprendemos na escola sexa parte dunha realidade sostible que debemos ser de construír. Falamos de coñecemento e de respecto polo medio ambiente e falamos tamén de actitudes e valores, de intercambios e de participación e tamén de xestión efectiva no coidado medioambiental.

 
 
 
 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Informamos de que no DOG do 20 de maio aparece publicada a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria para o curso escolar 2019/20.

De novo hai tres tipos de axuda:

 a) Axudas para a adquisición de libros de texto (cheque, similar a cursos anteriores):

- Cursos nos que se solicita: 1°, 2° de Educación Primaria.

b) Fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros):

- Cursos nos que se solicita: 3° e 4º  de Educación Primaria e 3º e 4° de ESO.

c) Axuda de material (Cheque de 50€ para material escolar)

- Cursos nos que se solicita: Todos os de Educación Primaria e da ESO.

 

O alumnado de 5º, 6º de EP, e 1º e 2º ESO,  participa no proxecto E-DIXGAL no curso 19-20, polo que queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

Ao igual que no curso pasado presentarase unha única solicitude para libros (fondo ou axuda) e material. Así mesmo haberá unha única solicitude por familia (incluirá a todos os irmáns matriculados no mesmo centro).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019

Este é o único prazo para todo o alumnado, non se pode solicitar en setembro nin ca matrícula.

Para máis información pódese consultar no portal da Xunta: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Xa se pode recoller na secretaría do centro o impreso da solicitude ou pódese descargar aquí: Descargar Solicitude.

 

Tamén é posible facer a solicitude na aplicación Fondolibros, onde se cubrirán os datos, e despois de gardalos xenerarase un nº de solicitude que permitirá imprimir a solicitude (anexos I e II) que deberán presentar no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

 Prazos das axudas e do Fondolibros:

 

 

XI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2019. CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis, e xa van 11, celebramos o rastro solidario no noso cole. Unha actividade que se fai grazas ao traballo das profesoras Yolanda e Verónica, ca colaboración de toda a comunidade educativa. Neste vídeo podedes facervos unha idea do que foi este día:

 

Chegou o entroido¡¡¡

O Entroido invade a nosa escola como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. O escenario deu cabida á exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os máis pequenos ata os máis maiores incluindo aos profes que nos deleitaron cunha estupenda exhibición de baile. E despois do estectáculo rematamos degustando un chocolate quentiño acompañado de rosquillas, churros e orellas.
 
Agora a gozar destas mini vacacións e....que VIVA O ENTROIDO!!!

 

 

 

13 de febreiro, DÍA DA RADIO

 

O pasado venres 8 de febreiro os nenos de quinto de primaria do CPI Virxe da Cela foron de visita ao CEIP Barouta no concello de Ames.
Alí realizaron un programa de radio xunto con outros 10 nenos de dito centro, para conmemorar o Día da Radio, que se celebra en todo o mundo o 13 de febreiro.
 
Neste programa de radio entrevistaron a Gorka Zumeta, famoso xornalista e fotógrafo, e tamén  entrevistaron a Nazaret López, xornalista de Radio Ames.

Para o noso alumnado foi unha experiencia moi importante porque por primeira vez tiveron contacto cun estudo de radio real emitindo en directo por Radio Ames. Ademais  compartiron a experiencia radiofónica con outros nenos e nenas que tamén fan radio no seu cole..

Posteriormente, o mesmo día 13, Sergio Pascual, o noso profesor de radio, mantivo unha conversación con Carles Francino sobre o proxecto de radio CPI Virxe da Cela no programa “La Ventana” da Cadena SER. Neste programa emitiuse tamén a entrevista que os nosos pequenos reporteiros fixeron a Gorka Zumeta, responsable de “La Ventana” no pasado.

 

 

Anxo Fariña no CPI Virxe da Cela

 

 

Este luns 4 de febreiro tivemos o enorme priviliexo de ter connosco a Anxo Fariña. Ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís. A súa obra máis coñecida é a colección de Os Megatoxos, pero tamén é autor das coleccións:
•  Antón e Pompón.
•  Don Quixote e Breogán.
•  As linguas dos animais.
•  O pelelliño …
•  A Monstroescola.
•  Gliz, o pastor de nubes.
Ademais doutras obras soltas, guías de viaxes e libros de texto.

Mirar as caras do noso alumnado xa nos di como acolleron a súa visita. Ollos abertos como pratos para non perderse nada, miradas que ían máis aló do que Anxo nos contaba, quizais soñando xa en vivir as aventuras dos Megatoxos, eses rapaces con poderes especiais..., quizá... vai ti saber...! e se o día de mañá son capaz eu de escribir un libro ou mesmo ilustrar os de outro autor?

Xa vimos como nacen os libros... nacen dunha idea que vai medrando día a día, que ás veces para de crecer e ten que durmir nun caixón durante un tempo ata que está madura.... pero o escritor ten que seguir traballando, vivindo e observando a realidade da que saca as súas historias. Todas esas observacións as garda nunha pequena libreta no seu bolsillo. E sabedes como as plasma Anxo Fariña? Maiormente sen palabras. Ser ilustrador permítelle ter un mundo de debuxos que co tempo se transformarán nun libro.

Foi unha tarde máxica na que Anxo nos deixou un fermoso agasallo... o retrato dun alumno que ficará por anos nun lugar privilexiado do cole: a nosa biblioteca. Pero o máis importante foron as risas e a imaxinación que despertou en nós... Moitas grazas, Anxo... xa te estamos esperando de novo... Non tardes tanto!!!

Por certo, se queredes coñecer algo máis do noso invitado por que non facedes unha pequena viaxe á súa páxina web?


http://www.anxofarina.com/blog/


 
 

 

DÍA DA PAZ

Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia   

          

Felicitación de Nadal

BO NADAL E QUE SE CUMPLAN TODOS OS VOSOS SOÑOS

 

Postal realizada polo alumnado de Educación Infantil
 

Gañadoras do concurso de postais de Nadal: 

Alejandra Souto Garrido, 3º de EP, 1º Premio de Educación Primaria
 
Candela Campello Fernández, 4º ESO, 1º Premio de Educación Secundaria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

   
                   

 

Actividades conmemoración día contra a violencia de xénero:
      • Lectura de manifesto (2º ESO)
      • Proxección dos vídeos realizados polo alumnado (Ares-Monfero e 2º ESO da materia Igualdade        de Xénero).
      • Presentación dos diferentes lemas elaborados por cada grupo de alumn@s.
      • Lectura do conto “A cincenta que non quería comer perdices”
      • Presentación do cartel de 3º de ESO e entrega de pegatinas.

Distribuir contido


by Dr. Radut