Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

CAMPIONATO ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS XOGADE-PLAN PROXECTA PINAR DE CABANAS 14 FEBRERO 2020

 

 

O Venres 14  de Febreiro, pola mañá, acompañados polos profesores de Bioloxía: David Casado e de Educación Física Secundaria e Primaria: Mª Teresa Blanco e Ruth Mateos, os nosos alumnos de Primaria e Secundaria, competiron no Campionato escolar de campo a través de Xogade no Pinar de Cabanas, dentro da fase comarcal,contra outros CPI e Institutos da Comarca ( Miño, Neda,etc). Participamos dende a categoría benxamín ata a cadete, tanto como feminina e masculina.
O noso alumnado ( todos, sen excepción) puxo todo o seu esforzo e rendemento dentro das posibilidades de cada un. Sinalar os bos  resultados de algún dos/as nosas  deportistas, xa que pasaron a fase provincial  que será en Carballo o 6 de Marzo.
É destacable a participación e entrega de todo o alumnado, como vedes no listado de clasificacións, pero especialmente, polos seus bos resultados:
2º Posto Individual en Cadete feminino: Ariadna Díaz de 3º ESO
4º Posto Individual en Cadete feminino: Marta Fernández de 3º de ESO
Clasificándose ademais o equipo de cadete feminino ( Ariadna, Marta, Nerea Fernández, Andrea Rivera,Antía López e unha compoñente máis por determinar)
7º Posto Individual Infantil Feminino: Alicia  Lucía Romero
8º Posto Individual Infantil Feminino: Uxía Boado Porto.
2º Posto  Individual Infantil masculino: Manuel Freire Platas
4º Posto  Individual Alevín masculino: Manuel Tojeiro  Espiñeira.
2º Posto Individual Benjamín feminino: Claudia Caruncho Souto.
Foi unha xornada moi positiva e lúdica ademais de deportiva, onde pasámolo ben e obtivemos bos resultados.
PARABÉNS A TODOS OS NOSOS ALUMNOS/AS, CAMPEÓNS!!!!!
 

 

EQUIPOS CLASIFICADOS PROVINCIAL CENTROS ESCOLARES

 

CADETE MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

IES BREAMO PONTEDEUME

 


 

 

 

 

 

 

 

CPI CASTRO BAXOI DE MIÑO

 

 

CADETE FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

IES BREAMO PONTEDEUME

 

MEDIAVILLA CUBILLO

ITZIAR

 

ITZIAR-- CPI CASTRO BAXOI

 

 

 

CPI PLURILINGUE VIRXE DA CELA MONFERO

 

GARCIA SANMARTIN

CLARA—CPI CASTROBAXOI

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL  FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CPI. CASTRO BAXOI

VAQUEZ CAMPILLO

ALBA DE LUCIA

Oza

FIAÑO GANDARAS

DAPHNE

Cesuras

PRADO DIAZ

ANXELA

Teixeiro

BERMUDEZ PRIETO

NEREA

Oza

SANCHEZ SEOANE

MARIA EUGENIA

Teixeiro

GARCIA VIDAL

LUCIA

Présaras

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

 

GOMEZ RODRIGUEZ

LAURA-- CEIP O FEAL

 

 

CANEIRO ALBES

BERTA-- CEIP O FEAL

LUCIA ROMERO

ALICIA-- CPI VIRXE DA CELA

BOADO PORTO

UXIA-- CPI VIRXE DA CELA

 

 

 

FERNANDEZ REY

AISHA—CEIP VIRXE DO MAR

 

 

INFANTIL  MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CPI. CASTRO BAXOI MIÑO

SEOANE ABAD

TEO

Teixeiro

FONTENLA PEREZ

JULIAN

Oza

NOUCHE BOADO

JOSE ANGEL

Présaras

CARTON MORILLA

XABIER

Présaras

CASANOVA ARCAY

RAUL

Oza

ABAD FREIRE

IVAN

Teixeiro

 

CPI ATIOS DE VALDOVIÑO

 

FREIRE PLATAS

MANUEL-- CPI VIRXE DA CELA

 

 

 

SIJIDO PARRA

CRISTIAN --- CPI O FEAL

FONTICOBA REY

ALEJANDRO--- CPI O FEAL

 

 

 

ALEVIN  FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CEIP PONTE DE XUVIA

FONTELA CANCELO

SOFIA

Oza

ROCA SANTOS

NOELIA

Teixeiro

CRESPO LAVIN

ALEJANDRA

Oza

BRA SANCHEZ

NEREA

Cesuras

SANCHEZ GARCIA

IRIA MARIA

Oza

SANTOS PORTA

NOA

Cesuras

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

DIAZ CORRAL

GABRIEL MARCIAL

CPI Atios

 

 

FIGUEIRA LOPEZ

UNAI

CEIP Manuel Fraga Iribarne

 

 

 

ALEVIN  MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

COLEGIO AYALA

CAAMAÑO ARES

ALEJANDRO

Teixeiro

GOMEZ SANCHEZ

LUCAS

Oza

RODRIGUEZ AMENEDO

MARCOS

Oza

GOMEZ GARRIDO

ANXO

Cesuras

MUÑOZREJA PRIETO

HUGO

Oza

ROCA RODRIGUEZ

DANIEL

Teixeiro

SANCHEZ VILLAMOR

YAGO

Présaras

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

 

 

FIGUEIRA LOPEZ

UNAI

CEIP Manuel Fraga Iribarne

 

 

LOPEZ DOCE

HUGO

CPI Atios

 

BENJAMIN  FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CEIP VIRXE DO MAR

CARUNCHO SOUTO CLAUDIA    CPI VIRXE DA CELA

 

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

 

 

FONTELA CANCELO

DANIELA

Oza

GOMEZ ARES

MARTINA

Teixeiro

PRESA FONTAN

CANDELA

Oza

BLANCO LAMAS

NOA

Présaras

GARCIA SANTAMARIA

SABELA

Cesuras

TABLADA MOURELO

LAURA

Cesuras

 

 

ALVELO ALVAREZ

EVA

CEIP Manuel Fraga Iribarne

PITA TOJEIRO

SARA

CEIP Manuel Fraga Iribarne

 

 

 

BENJAMIN  MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CEIP O FEAL

 

ROUCO ROMERO

ESTEBAN -CEIP VIRXE DO MAR

IGBINOSUN AMENEDO

HAPPY MICHAEL- CEIP O RAMO

TOJEIRO ESPIÑEIRA

MANUEL- CPI VIRXE DA CELA

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

LOPEZ MARCOTE

AARON

CEIP Oza

EL KADERI OURHNI

IMRANE

CEIP Teixeiro

AGUILAR MERA

RICHARD

CEIP Teixeiro

HERNANDEZ GARCIA

BRUNO

CEIP Cesuras

GARCIA MIRANDA

ANTONIO

CEIP Cesuras

UÑA LOPEZ

LUCAS

 

LUCAS

LUCAS

 

CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE

LUCAS

 

 

A CHANDELEUR: DÍA DO CREPE EN FRANCIA

 

 
O día 3 de Febreiro do 2020, o Departamento de Francés a través da profesora da materia Laura (e as súas aprendices de repostería Lucía e Clara) , celebrou no centro “O día do Crepefacendo de “Master Chef” e agasallaunos durante a mañá con deliciosos crepes feitos  “in situ” (en vivo e en directo)  por ela, con ingredientes 100% naturais, e recheos de plátano e chocolate, promocionando ademais hábitos saudables de alimentación e facéndonos máis agradable e doce a xornada ademais de darnos a coñecer aspectos da cultura francesa.
 

EXCURSIÓN A ANDORRA

 25-30 XANEIRO 2020
O noso alumnado da ESO, xunto cos profesores Manuel ( Tecnoloxía Secundaría ) e Ruth ( Educación Física Primaria), viaxaron o sábado 25 de xaneiro ata Andorra , á estación de esquí Grandvalira en Soldeu, que é a estación máis grande dos Pirineos e do sur de Europa, situada o este de Andorra, con 210 km formados por 138 pistas, para pasar unha estupenda semana esquiando. Durante a súa estadía, ademais de pasar os días esquiando, rodeados dunha paixaxe espectacular no Principado de Andorra, tamén disfrutaron dun día de relaxación no “Balneario de Caldea”. Sen dúbida, foi unha experiencia inolvidable, para repetir en próximos anos.

 

Festival de Nadal 2019

O venres 20 de decembro de 2019, como tódolos anos celebramos o festival de Nadal.  E como as veces é mellor unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos as  estupendas actuacións  dos alumnos/as do noso cole.

 
Desde o  CPI Plurilingüe Virxe da Cela deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices vacacións.
 

Recreos Residuos Cero

 
https://teachersforfuturespain.org/que-hacemos/recreos-residuo-cero/
No CPI Virxe da Cela, neste curso 2019/20 estamos participando en Recreos Residuos Cero. Este é un programa que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como fiambreiras para sólidos e cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc. 

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Parece que todos os días semellan iguais, máis este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos dun xeito especial, denunciar e levantar á nosa voz contra esta lacra. A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e continúa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non somos capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que cada vez se vai máis rápido e no que o individualismo e o poder é o que conta. Debemos espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento. Debemos pararnos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a todas vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
No noso centro, o CPI Virxe da Cela o alumnado de ESO tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral  realizando unha exposición de carteis creados  por eles  na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data.
A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes datas, está exposta en ámbolos dous centros.
 
Por último dicir que, a todos os que formamos parte do CPI  Virxe da Cela, encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade de todos e todas.
Finalizamos coas verbas dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO
QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
 
A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.
Porque queremos outro mundo, e sabemos que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!


(Podedes premer na imaxe para velos en grande).
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Manifesto conxunto a favor dos dereitos dos nen@s e en contra da Violencia de Xénero
 

 

 
 
CARREIRA SOLIDARIA 2019
MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS
E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Hoxe con esta carreira solidaria queremos  conmemorar dúas datas significativas que cumpre lembrar: por unha banda o Día Internacional dos  Dereitos dos  Nenos e Nenas e por outro O Día Internacional contra a Violencia de  Xénero. Por iso reunímonos aquí para alzar as nosas voces e manifestar o noso compromiso concreto de traballar pola xustiza e a defensa dos Dereitos de todos.
A pesar de que todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos, somos conscientes de que en moitas partes do mundo vense vulnerados e que os gobernos e a sociedade en xeral non fan todos os esforzos necesarios para cambiar esta situación.
É unha sorte ter unha familia que nos ama, recibir educación, estar rodeados de xente en quen poder confiar e de amigos que nos axudan, ter asistencia médica, comida e unha casa. Moitos outros nenos e nenas non poden dicir o mesmo. Por iso, queremos dar as grazas a todos aqueles que se preocupan por nós e que nos axudan para que os nosos dereitos sexan respectados.
 
Pero queremos ir máis aló da nosa contorna máis próxima e manifestar de maneira especial o noso firme rexeitamento a todas as situacións que viven millóns de nenos e nenas cando se vulnera a súa condición humana. Rexeitamos especialmente a guerra e as súas consecuencias, a explotación laboral e sexual, a marxinación polas discapacidades físicas ou psíquicas, o tráfico de nenos e a súa morte, a  mutilación e o tráfico de órganos, a escravitude. Non aceptamos que os nenos e as nenas se instrúan na guerra e maten, ou que se convertan en nenos soldados. Non aceptamos que se incite aos nenos ao odio e á violencia. Unímonos a todos eses nenos e nenas anónimos que pasaron por este mundo sen recibir amor nin protección.
Por iso, pedimos que todos os países se comprometan, que acepten e cumpran os dereitos dos nenos. Que as familias, os centros educativos, os gobernantes, as institucións e a sociedade en xeral recoñezan que os nenos somos persoas con dereitos e deberes, que nos deben respectar e coidar e que temos dereito a ser nenos e a comportarnos así.
 
Nós, esforzarémonos por respectar e axudar aos demais para solucionar os conflitos mediante o diálogo, para coidar da natureza, para valorar a liberdade, para facer feliz ao que temos á beira. En definitiva, comprometémonos a construír un mundo mellor para todos e todas.

Por outra banda, tamén queremos lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de xénero e denunciar e condenar calquera tipo de acto violento exercido contra elas, xa sexan malos tratos físicos, que deixan marca e doen, que humillan e someten; abuso verbal e malos tratos psicolóxicos, que destrúen, anulan e aniquilan a liberdade da muller; e os malos tratos sexuais, que  denigran e afunden ás vítimas.
 
No noso cole tentamos priorizar accións para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Accións que, como no día de hoxe, poñen de manifesto que achegamos o noso gran de area na loita contra esta lacra que fai á nosa sociedade débil ética e moralmente.

A todos os que formamos parte do CPI  Virxe dá Cela, encantaríanos que moi pronto, o día 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día deste xeito non é unha festa, é un toque de atención para que nos deamos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade das mulleres.

A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e  estamos unidos na loita para conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todos. Porque queremos outro mundo e sabemos que é posible....
 
                                         CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS! 

 
 

CARREIRA SOLIDARIA NO CPI VIRXE DA CELA

 

 

Como en anos anteriores, o venres 22 de Novembro do 2019 (Venres) celebramos  no noso centro a Carreira Quilómetros de Solidariedade  para colaborar coa ONG “Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de Novembro foi o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de Novembro é o Día Internacional contra da Violencia de Xénero, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores que representan.
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbolizado por un facho de cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”.
Ao remate da carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e rapaces/as un agasallo e un  diploma pola súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración e solidariedade.

 

Porque un mundo mellor é posible....
 
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Samaín e magosto no Virxe da Cela

Aproveitando o ambiente de terror e medo do Samaín, o alumnado de Educación Primaria participou nun espeluznante Escape Room organizado por Ruth Varela (mestra de educación física).

Un ano máis celebramos o Samaín na Biblioteca Castelao. Decoramos a porta como unha mazmorra na que se encerran os tesouros literarios.
 
Tamén expuxemos as cabazas participantes no concurso. Os premios foron entregados no magosto.
 
 

O mércores 30 outubro tivemos a actuación Paco Nogueiras seguido do noso tradicional magosto cas castañas aportadas polas familias. Durante esta celebración fixemos a entrega de premios do Concurso de Portas e do Concurso de Cabazas.

PREMIADOS CONCURSO PORTAS:

4º primaria e 2º ESO
As portas das aulas de educación infantil levaron un diploma e un agasallo de mención especial

PREMIADOS CONCURSO CABAZAS:

  • Cabaza máis divertida: Mario Prieto (5º EI)
  • Cabaza máis orixinal: Tatiana Mosquera (4º EP)
  • Cabaza máis doce: Saray Souto (3º EP)
  • Cabaza máis terrorífica: Marcos Garabana (6º EP)

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O venres 25 de outubro os máis pequenos desfrutamos o taller ao grande!!!!!!! Un título terrorífico: A festa do Medooooo!!

 

#BEACTIVE. SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. O MOVEMENTO É VIDA

 
 
“El Día Europeo del Deporte Escolar 2019 volvió a batir records. Galicia y Comunidad Valenciana compiten por ser líderes en participación.”

“Más de 300 centros inscritos en el Día Europeo del Deporte Escolar 2019 el próximo 27 de Septiembre”.(Fonte Plan Proxecta)

Na semana do 23 ata o 27 de Setembro, no noso cole CPI Plurilingüe Virxe da Cela, celebramos a Semana Europea do deporte, baixo o lema #Beactive. Está é unha campaña que se celebra a nivel europeo, para o fomento do deporte e actividade física, e onde os diferentes centros o celebran facendo actividades diversas. Nós participamos como centro “activo” con diversas actividades e dentro do Plan Proxecta e PDC.
Comenzamos a nosa andaina, a través da explicación que as alumnas/os de 2º de Eso de Promoción de hábitos saudables foron dando clase por clase, sobre o programa #Beactive e as actividades a levar a cabo durante dita semana, as cales foron:
•    Tódolos días e tódolos cursos (dende infantil, primaria e secundaria ), o finalizar cada hora tíñamos que dedicarlle uns minutos a facer algo de deporte entre clase e clase ( 5´ultimos): fixemos unhos estiramentos dirixidos por un alumno/a e facilitados polas profesoras de E.Física, segundo unha ficha.
•    Entregamos un triptico informativo sobre os beneficios, pautas e recomendacions de como e porque facer actividade física e deporte, para levar a casa e entregalo as mamas/papas/titores.
•    O Xoves 26, cambiamos as clases normais por xogos e deportes durante toda a xornada lectiva, coa participación de todo o profesorado e todo o alumnado.

 

Lembrade... #Beactive. (O movemento é vida)
 
 
 

 

 
 
 
 

 

CALENDARIO DOS EXAMES DE SETEMBRO 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut