Skip to Content

Educación Infantil

EXPERIMENTOS COA AUGA E MINIMUNDOS MARIÑOS

 Familias! Como vai todo?

Nós moi ben, non perdemos oportunidade para saír a fóra.

O certo é que con estes días soleados do outono apetecíamos xogar e experimentar coa auga.

Tendo en conta que este mes é o da ciencia decidimos propoñer experimentos con auga. No noso proxecto tamén sabemos moito de ciencia, como ten que ser...experimentamos coa auga salgada e doce.

A verdade é que pasamos un bo rato mesturando, observando, mezclando, probando... e parece que nos sairon todos.

Nós para científicos tamén valemos, elogo non?

Ao seguinte día, seguimos coa auga.. pero agora en minimundos mariños.

Pouco podemos dicir da xornada do venres...é mellor velo, sobran as palabras.

Que teñades moi bo fin de semana familia!

Ollo! pode que para a semana teñamos un EXTRA!! na nosa publicación semanal.

Non podemos dicir moito máis, deica logo.

VISITA MARISCADORA E OUTONO MARIÑO!

Ola familias!

Outro venres máis aquí estamos para contarvos as actividades tan chulas que fixemos estes días.

O xoves recibimos no cole unha visita moi especial, veu ensinarnos a súa profesión unha mariscadora de Camariñas chamada Yaki; contounos unha morea de cousas.

Entre elas, que dende nena quixo ser mariscadora, xa que é algo que lle ven de familia; ademais mostrounos o traxe que emprega para facer a súa labor no mar e como fai para protexerse tanto do frío como da calor.

Tamén nos ensinou os aparellos que emprega; como unha sacha, un rastrillo pequeno e outro máis grande para cando hai moita auga.

Credes que mestura todo o marisco nun mesmo caldeiro?

Nooooon!!!!

Emprega un aparello chamado buseta!

Pero… queredes saber cal é o mariso que captura??

Ameixas (fina, xaponesa) e berberechos!!

Credes que se pode coller marisco de todos os tamaños?

Nooooon!

Yaki, ensinounos que sempre levan entre a súa ferramenta un medidor que lles indica se o pode coller para vender na lonxa ou o hai que deixar na praia para que medre máis.

 

Tamén nos ensinou algo importantísimo para a nosa saúde, hai algún marisco que ten toxinas e en función do nivel destas pódenos facer máis ou menos dano.

 

Por último, contounos que para vender o producto que non leva á lonxa emprega a caracola que podedes ver ao final deste vídeo, a xente do pobo ao escoitala xa sabe que hai marisco e peixe fresco!

 

Mirade que ben soa!!!

 

 

Hoxe, puxemos a voar a nosa imaxinación e creamos este mural tan fermoso mesturando o mundo mariño e a estación na que nos atopamos. mirade que animais tan orixinais creamos coas follas do outono.

Saíron verdadeiras obras de arte! 

A semana que ven máis e mellor!

SAMAÍN E MAGOSTO

Boas tardes familias!

Xa estamos aquí un día máis para amosarvos o que fixemos esta semana tan terrorífica!!!

 

O xoves decoramos os nosos cucuruchos para tomar as castañas no Magosto, quedaron preciosas!!

 
 

 

 
 

 

Ademáis, o xoves tamén aproveitamos para pintar as nosas bolsas de tea personalizadas coa temática do fondo mariño.

Estas bolsas as empregaremos como bolsa viaxeira para que visite as nosas casas :)

Para decoralas pintamos as nosas mans de moitas cores e estampámolas na bolsa para que parezan peixes de cores... QUEDARON PRECIOSAS, MIRADE!!!

 

 


 

 

O venres celebramos o Magosto e o Samaín... VAIA FESTA!!

Comezamos o día disfrazados de xeito TERRORÍFICO, QUE MEDO!

 

Despois reunímonos todos os nenos e nenas de infantil para bailar e facer unha rica merendola :)

E pola tarde... por se isto fose pouco, gozamos cun chocolate quentiño e unhas castañas asadas que estaban boísimas!!!!

Tamén celebramos o concurso de cabazas e de portas decoradas

 

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos con tanta festa!!

 


 

 

Ata a semana que ven!

 

 

 

 

POÑÉMOSLLE PILAS AO NOSO BOCATA E RELAXÁMONOS CO MUNDO MARIÑO!

O xoves, para dar continuidade ao noso proxecto,levamos a cabo un obradoiro saudable,divertido e sobre todo saboroso! 

Desfrutamos duns riquísimos bocadillos con conservas do mar. Pero antes, elaboramos os nosos manteis con dita temática: debuxamos algas, medusas, peixes...

ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS! 

Logo, chegou a parte da preparación e degustación. Fixemos mesturas do máis estrañas e todas estaban boísimas. Aprendemos que é posible comer de xeito saudable con productos do mar en conserva.

 QUE RICAS ESTÁN E QUE ENERXÍA NOS DAN! 

 

 

O venres, realizamos unha sesión de ioga cos nosos amigos os animais mariños. Ademais,coñecemos o conto chamado OM!! que nos ensinou unha morea de posturas para relaxarnos. 

MIRADE QUE BEN O FACEMOS!!!

Ondiñas veñen e van

Boa tarde!

Voltamos de novo polo blogue para ensinarvos os talleres desta semana.

O xoves estivemos experimentando na mesa sensorial, continuamos tinguindo arroz de cor azul para aproveitalo noutra actividade sobre o fondo mariño e comezamos a maquetar o libro mariño...QUE PRONTO VIAXARÁ POLAS VOSAS CASAS! ESTADE ATENTOS E ATENDAS :-O

 

 
 

 

 

 

 

Sen esquecernos de...LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!!!!

Sorrimos e saudamos aos Bolechas!! 

SSSHHHH, polo momento non podemos dicir nada máis ;)

 

Hoxe, venres, fixemos unha instalación do mar... 

Se queredes velo, DÁDELLE AO PLAY!!!

 

 

 

De volta CO MUNDO MARIÑO!!

 

Boa tarde,

Xa estamos aquí un curso máis para seguir traballando todos xuntos de xeito cooperativo e lúdico!

Este curso estamos traballando o proxecto sobre o mundo mariño.

Para comezar co proxecto esta semana comezamos cos talleres conxuntos.

 

Para coñecernos presentámonos...PORQUE NON NOS COÑECIAMOS TODOS/AS!!

Feitas as presentacións que comece a festa!!!

O primeiro en chegar foi o peixe Arcoiris

 

 

 

 

 

E logo… PINTURA EN VERTICAL!

 

 

 

 

 

E por si esto fora pouco, mirade o que atopamos no NOVO ESPAZO!

 

 

 

 

 

 

 

 

Había cousas super chulas como unha mesa sensorial do mar, unha pizarra de metacrilato, unha cociña para receitas gastronómicas do mar…

 

 

O venres continuamos traballando recreando os diferentes estados do mar: en calma, axitado e contaminado.

E co que nos gusta a nós todo o que sexa transvases, purpurina, colorantes e remexer na auga quedaron unhas botellas BEN CHULAS!

 

 

 

Pasade boa ponte e vémonos o mércores!!

A DISFRUTAR.

Final de curso 2020/21

 

Ata aquí chegou o curso máis atípico e duro que lembramos, pero vivímolo con moita ilusión, forza, valentía e dedicación.

Foi un curso complicado para os máis peques pero leváronno como uns verdadeiros campións/as, sempre coa súa positividade, alegría e un sorriso constante aínda que non o puideran mostrar por culpa da máscara!

Aprendimos moito de todos/as eles/as… CANTO TEMOS QUE APRENDER DOS NENOS E NENAS SEMPRE!

 

O día de onte aínda que non puidemos celebrar de xeito conxunto o final de curso fixemos unhas actividades especiais que gozamos moito.

Comezamos o día cunha rica merendola de froita aderezada con sirope de chocolate, DELICIOSA!

Despois tocou ir ao pavillón a celebrar a graduación dos nenos e nenas de 6º de Infantil e de 6º de Primaria que rematan unha etapa moi bonita para comezar unha nova, seguro que estará cargada de novas emocións e ledicia.

Despois tocou xogar con diferentes propostas que invitaban a mover o corpo, que tanto nos gusta: xogamos a unha oca superando retos, relevos, tres en raia,… para finalizar bailando.

PASÁMOLO EN GRANDE!

Aquí tedes unha mostra de todo o que fixemos:

 

 

Foi un día cargado de emocións, despedidas… 

Aos nenos e nenas de 6º de Infantil despedímolos con grandes apertas e cariño. Sempre seredes benvidos nas nosas aulas para seguir traballando de xeito conxunto con nós, deixades unha pegada moi grande.

Agora gozade da vosa nova etapa, que sexades moi felices.

 

Esperamos que todos os peques de infantil teñades un moi bo verán, aquí vos esperamos o curso que ven coas pilas cargadas para seguir aprendendo e medrando coa maior ilusión.

 

E aos nenos e nenas que comezan o curso que ven o cole tamén vos estamos esperando con moita gana e ilusión… ESTAMOS DESEXANDO COÑECERVOS!

 

Gozade do verán,

 

Quérenvos moito as vosas mestras de infantil.

 

 

 

 

 

Actividades ao aire libre

Ola familias, con estes días solleiros nada mellor que facer as actividades ao aire libre. Desta vez, plantamos xirasois, grazas a unha das familias que nos cedeu unhas sementes.

Moitas gracias.

Agora toca facer iso que nos gusta tan pouco....ESPERAR!

Pero non quedamos con iso só, seguimos con máis.

Velaquí a mostra.

Moitas gracias Florín, que nos deches bos consellos para que a plantación saira ben.

Espero que as ortigas fagan a súa función; son abono e espantan aos bechos....Non tiñamos nin idea!

Despois disto temos que coidalas moito: facer quendas para regar, coidalas, vixiar que non as coman os bechos...e sobre todo, darlles moito amor.

Veña ánimo que xa queda menos para o verán !!

Día da familia

 

Este sábado 15 de Maio conmemórase o “Día Internacional da Familia”; e como non podía ser doutra forma os nenos e nenas de educación infantil quixemos ter unha detalle coas nosas :)

 

Escollemos facelo dunha forma moi máxica e para elo empregamos un papel moi chulo que nos deixou coa boca abertaaa!!! Era un papel máxico de verdade!!!

O que fixemos foi pintar sobre el con rotus permanentes as nosas familias, cada unha delas tan diferentes e especiais, e logo unha vez a tíñamos metemos o anaco de papel no forno. 

E que pasaría??

 

 

Tachánnnnnnn!!! O papel engurrouse, revirouse, encolleuse... e fixo mil filigranas no forno ate que de pronto estirouse de novo e quedou moito máis pequenoooo. Foi toda unha aventura!

 

Velaquí os nosos resultados:

 

 

 

Para que fose ben gardadiño fixemos un sobre en forma de corazón que decoramos con moito cariño e ilusión para poder meter o noso fermoso chaveiro.

 

Familias, esperamos que vos guste tanto como a nós facelo.

 

 

Ademáis cada aula traballou un conto que trataba a historia dunha familia, todas elas diferentes e diversas xa que é fundamental comprender que cada familia é única e especial.

 

 

 

 

 

Boa ponte! Disfrutade.

 

Ata pronto

 

RETRATO CON CONTOS

Ola familias, como vai todo?

Pasámonos para informarvos dunha nova actividade que se organiza dende a biblioteca do centro.

RETRATO CON LIBRO

Trátase de facer unha foto na que aparezamos retratados/as cun libro, conto, revista, disco... podedes empregar a portada ou o interior do conto, libro...o que escollerades.

A foto ten que establecer unha relación coa imaxe do libro e a persoa retratada. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos algúns exemplos; coñecedes a alguén?

http://obiblioblog.blogspot.com/2020/04/dia-do-libro-autorretrtos-con-libro.html

 Así seguro que saen moitas máis ideas.

Está dirixido a toda a comunidade educativa, polo que poden participar os nenos e nenas, as familias, o persoal docente e non docente... Animádevos!!

Cando teñades a foto podedes enviala á titora nas canles que tedes establecidas para contactar con elas.

Estamos desexando ver eses retratos, a data límite é o 17 de maio.

Logo, poderedes velas no blogue da biblioteca ou na páxina do centro.

Moitas gracias por colaborar.

Imos todos a retratarnos!

Deica pronto

Distribuir contido


by Dr. Radut