Boa tarde familias,
O xoves, adentrámonos nunha nova aventura! Convetémonos en piratas e fixemos UNHA BÚSQUEDA DO TESOURO .
Tivemos que superar 5 difíciles probas para poder gañar as pistas que nos levaran finalmente ao noso prezado tesouro. Traballamos a lectoescritua pescando peixes, a lóxicomatematica co robot, realizamos un xogo de pequenos retos piratas, encestamos aros e puxemos a proba a nosa coordinación co paracaídas.
Por cada proba superada conseguímos pezas dun crebacabezas. Unha vez montado, descubrimos que tiña cun código QR incriptado. Este código levounos a un vídeo no que o Loro botalerias nos daba a pista definitiva para atopar o tesouro…
Así que alí fomos e finalmente como bos piratas demos co cofre do tesouro!!!!
Unha morea de moedas de chocolate que estaban deliciosas.
Foi unha aventura divertisíma, estamos desexando repetir.
Hoxe, fixemos o mural BAIXO O MAR!! con peixes de diferentes texturas.para isto empregamos diferentes materiais: papel de xornal, pompóns, papel de seda, algodón, papel de burbullas, purpurina… Mirade que fermoso nos quedou!
Ata a próxima semana!