Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.  E por iso no CPI Plurilingüe Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade  de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos  berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!

Bo Nadal!

Estamos nun ano atípico pero non por iso queriamos perder a celebración do Nadal.

Tal vez non sexa a celebración á que estamos acostumados, pero non por iso vai ser menos especial.

Así que... dalle a play...e goza deste festival virtual tanto coma nós gozamos facéndoo:

 

 

 

 

 

Máscaras de protección para o alumnado

 

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

Informámos de que a Consellería de Educación repartirá máscaras de protección de forma gratuíta a todo o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (vale de 50€ para material). Todo este alumnado recibirá ás súas máscaras en canto as teñamos no centro sen necesidade de facer unha solicitude.

 Aqueles alumnos ou alumnas de Educación Primaria e Secundaria que non fixeron a solicitude de axudas de fondo libros e material escolar, e que reúnen algún destes 4 requisitos deberá presentar a solicitude antes do dia 27 de novembro:

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 • Alumnado matriculado en educación especial.

 • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 O modelo de solicitude o podedes descargar aquí: Anexo I e II

 

CAMBIO DE XORNADA DEBIDO AO COVID 19

 Informamos que a partires do luns 5 de outubro e ata o remate da situación sanitaria actual o horario lectivo será:

 

 Hora de entrada: 9:45

 Hora de saída:

      - Luns e martes: 16:30

      - Mércores, xoves e venres: 15:30

 

Isto non afecta ao número de horas de docencia nin ao servizo de comedor que seguirán funcionando como sempre.

Este horario adoptouse para poder levar acabo con seguridade as medidas marcadas polo protocolo do Covid e está autorizado exclusivamente mentres duren as medidas sanitarias marcadas polas Consellerías de Educación e Sanidade.
Co novo horario a etapa de Educación Infantil remata o seu horario lectivo todos os días ás 15:20. Esta etapa ten o xantar ás 13:40, e despois, todos os días, unha última clase de 14:20 a 15:20.
A etapa da Educación Primaria remata o seu horario lectivo ás 14:45, despois teñen o xantar ata as 15:25.
Ambas etapas os luns e os martes teñen un tempo de lecer acompañados do profesorado de garda ata a saída dos buses ás 16:30.
Os luns e martes saen a esta hora para que a etapa da ESO poida impartir todo o seu horario completo: 32 períodos lectivos.

 

 

 

ADIADO O INICIO DE CURSO NA ESO

 O inicio de curso en secundaria foi adiado ao 23 de setembro. Como estaba previsto, o inicio das clases será escalonado, quedando do seguinte xeito:

 23 de setembro: 1º e 2º de ESO

 24 de setembro: 3º de ESO

 25 de setembro: 4º de ESO

 Lembramos que mañá martes 15 de setembro terán lugar as reunións informativas cas familias da ESO.

 

REUNIÓNS DAS FAMILIAS DA ESO

Estimadas familias:
Debido ás especiais circunstancias deste comezo de curso imos celebrar as reunións informativas coas familias antes do comezo das clases. Levaranse a cabo o martes 15 de setembro, na aula de Usos Múltiples e de xeito secuenciado segundo o seguinte horario:
1ºESO: 10.00
2ºESO: 11.00
3ºESO: 12:00
4ºESO: 13.00.
Para poder cumprir coas normas de seguridade vixentes, asistirá un único membro por familia, sen nenos, con máscara  e agardando  a ser chamados pola titora na zona do patio da do edificio da ESO.
Saúdos,
A dirección

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS NA ESO

Informamos que tedes exposta na entrada de administración a listaxe definitiva do reparto de Fondolibros para 3º e 4º. Tamén se poden consultar a través da aplicación Fondolibros usando un cerificado dixital. Debido á Lei de protección de datos non se poden publicar na web nin informar por tetéfono.

No caso do préstamo de libros que fai o centro en 1º e 2º de ESO tamén tedes exposta a listaxe do reparto.

Respecto a 1º de ESO podemos informar que todo o alumnado matriculado antes do 10-9-20 recibirá os libros de Xeografía e historia, Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés.

Os libros entregaranse ao alumnado o primeiro día de clase.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E REUNIÓNS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Un ano máis, estamos a piques de comezar un novo curso escolar. O curso 2020/2021 estará marcado por unha nova normalidade á que debemos atender, e así o faremos. Será un esforzo compartido en comunidade, como xa estamos acostumados e acostumadas a facer, porque se algo temos e demostramos é que ante os retos sumamos forzas e superamos barreiras.

  Desta forma, o noso principal obxectivo neste curso será, coma sempre, o benestar do noso alumnado: nenos e nenas, rapaces e rapazas que necesitan de normalidade e de seguridade para desenvolver ao máximo as súas potencialidades.

  Así, previsiblemente, arrancaremos o curso a partir do vindeiro día 10 de setembro nas etapas de Ed. Infantil e Primaria e a partir do día 16 na etapa de Secundaria.

  Nos meses previos a este comezo de curso, no centro estivemos a traballar para que todo estea preparado coas máximas garantías de seguridade.  Adaptamos espazos, materiais, recursos e tempos, atendendo sempre ás indicacións institucionais, en especial ás establecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, tanto no borrador de protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 como nas diferentes instrucións publicadas ata o momento.

  Dende o centro educativo queremos transmitir confianza. A mesma será posible se entre todas as persoas que formamos a comunidade somos quen de cumprir unhas sinxelas normas de seguridade que veñen determinadas polas autoridades sanitarias.

 Pola nosa parte iredes recibindo cumprida información de todas elas e das nosas actuacións. Para isto empregaremos os seguintes medios:

 -           Páxina web do centro

 -           Aplicación AbalarMóbil

 -           Titorías telefónicas ou por videochamada

  Ademais debido a estas especiais circunstancias imos celebrar reunións informativas cas familias antes do comezo das clases. As de Educación Primaria levaranse a cabo no seguinte horario:

 Martes 8:

 1º de EP:  10:00

  de EP: 11:00

 3º de EP: 12:00

 4º de EP:  13:00

 Mércores 9:

 5º 6º  de  EP: 10:00

 A ditas reunións terá que asistir un único membro por familia, sen nenos, con máscara e esperar fóra do edificio de Primaria a ser chamados pola titora para cumplir cas medidas preventivas.

 As reunións da ESO serán na semana do 14 de setembro e enviarse por AbalarMóbil a convocatoria e publicarase na páxina web.

 Por último aclaramos que a través da aplicación AbalarMóbil veredes a vosos fillos e fillas aínda no curso pasado porque ata o 9 de setembro a Consellería non fai o paso ao novo curso.

  Un agarimoso saúdo,

 O Equipo directivo

 

RECOLLIDA DE VALES E LIBROS

Estimadas familias: Lembrámosvos que os vales de Fondolibros e material do alumnado de primaria e o da ESO que xa fixo a matrícula, están na administración á vosa disposición. Pódense recoller en horario de 9:00 a 14:00.

Por outra banda a entrega dos libros do alumnado de 3º e 4º de primaria farase este venres 4 de setembro en horario de 11:00 a 13:00 en converxería (porta de acceso de primaria). Se alguén non pode acudir neste horario deberá chamar ao centro para concertar unha cita.

A entrega de libros da ESO farase o primeiro día de clase. As listaxes definitivas ca asignación dos libros estará a partires do 10 de setembro.

Para calquera dos trámites virá ao centro unha soa persoa. No caso de que se forme cola esperarán fóra do edificio.

Moitas grazas,

A dirección

 

CALENDARIO DE EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA. SETEMBRO 2020

 CALENDARIO DE EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA. SETEMBRO 2020.

 

Data

Materia

Hora

Lugar

Martes 1/9/20

Xeografía e Historia

09:00- 10:00

AULA 1º ESO

Tecnoloxía

10:00- 11:00

AULA 1º ESO

Física e Química

11:00- 12:00

AULA 1º ESO

Bioloxía e Xeoloxía

12:00- 13:00

AULA 1º ESO

EF

13:00- 14:00

AULA 1º ESO

EPVA

14:00- 15:00

AULA 1º ESO

Mércores 2/9/20

Inglés

09:00- 10:00

AULA 1º ESO

Matemáticas.

10:00- 11:00

AULA 1º ESO

Lingua Castelá

11:00- 12:00

AULA 1º ESO

Lingua Galega.

12:00- 13:00

AULA 1º ESO

Francés

13:00- 14:00

AULA 1º ESO

Música

14:00- 15:00

AULA 1º ESO

Cultura Clásica

15:00- 16:00

AULA 1º ESO

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut