Skip to Content

Educación Infantil

ENTROIDO 2023

 

Benvidos/as de novo ao noso blog!

Estas dúas semanas paralizamos o traballo por ambientes por unha boa razón:

Estivemos disfrutando nos diferentes obradoiros de entroido!

 

Xogamos cunha instalación e provocación na que puidemos disfrazarnos, pintarnos, bailar, xogar con confeti…; tamén fixemos e degustamos filloas; degustamos rosquillas con chocolate

 

E o último día de cole celebramos o festival de entroido!

A temática deste ano era os nosos debuxos animados e nós escollimos aos POKÉMON!

Vestímonos de Squirtle, Bulbasur, Charmander e Pikachu :)

 

 

 

 

Pasámolo xenial, agora toca gozar dos días de descanso para seguir co entroido coas nosas familias!

 

Ata á volta e pasádeo moi ben!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Familias, como cada ano toca organizar a Xornada de portas abertas do noso cole para dar a coñecer as instalacións e metodoloxía ao novo alumnado e as súas familias.
 
 O obxectivo desta xornada é que as familias que se sumen a nosa comunidade educativa coñezan o centro e a forma de traballar do equipo de Educación Infantil. 
 
Tentaremos resolver tódalas dúbidas que teñades!! 
 
 Por iso, esperámosvos o día 2 de marzo ás 16:30 na aula de usos múltiples.
 
Para máis información, tedes o folleto e un vídeo dos peques.
 
 

 

 

 

 
Velaquí, o enlace do código QR
 
 
Benvidos/as ao CPIP Virxe da Cela!!
 

 

 
 

AMBIENTES XANEIRO

Ola familias, por aquí vos traemos as novidades do mes de xareiro, agardamos que vos gusten!
No referente ao ambiente simbólico-construtivo seguimos desenvolvendo a nosa imaxinación de xeito asombroso. Coas novas pezas de construción coas que contamos neste espazo, pudieron realizar multitude de propostas: foguetes, edificios, casas…ata construíron unha gran cidade!
Neste espazo tamén contaron con dous minimundos que nos serviron para aproximarnos á nova estación que comezamos, así como con diferentes xogos de pezas e construcións. Sen esquecernos, por suposto, das propostas levadas a cabo no espazo da cocinita, monecas e disfraces onde sempre deixan voar a súa imaxinación converténdose en piratas, bruxas malvadas, mamás e papás, comerciantes, cociñeiros… O certo é que non tivemos tempo para aburrirnos!
No ambiente de lecto, mates e ciencias estivemos traballando a estación do inverno. No espazo de lectoescritura tivemos diferentes xogos de vocabulario: tiñamos tarxetas para adiviñar a palabra e debuxalo, tarxetas coa imaxe e palabra escrita e nós tiñamos que buscar outra tarxeta coa palabra e relacionalos, unha roda con vocabulario en minúscula no que tiñamos que encontrar a súa imaxe correspondente para emparellalo, ou imaxes de animais de inverno e formar a palabra coas letras soltas.
No recuncho de mates tiñamos conteo relacionado cos animais de inverno, tiñamos que contalos, escribir e colocar unha pinza no número correspondente, contar folerpas de neve ou xogar con cartas de inverno. Tamén traballamos a psicomotricidade fina e as simetrías coa mesa de luz, pompóns, depresores…
Por último, no espazo de ciencias creamos neve artificial con bicarbonato e auga. Encantounos xogar con ela!
Este mes, no ambiente de luces e sombras, contabamos cun retroproxector no que os nenos e as nenas puideron traballar coas letras, os números, realizar siluetas e crear os seus propios debuxos nos acetatos para, despois, proxectalos na parede e alí seguir debuxando.
Ademais, creamos unha cabaña secreta na que, coa axuda de lanternas e uns cds, xogabamos co espectro da luz; ao igual que o fixemos ao crear diferentes estruturas coas pezas de construcción para observar a súa sombra na parede.
Por último, na mesa de luz xogamos con fariña e con diversos moldes simulando os flocos de neve do inverno.
Na aula do ambiente artístico-sensorial traballamos con pezas soltas, materiais non estructurados con cores frías para un xogo infinito de crear. Por un lado con pezas variadas: arandelas, diamantes, pezas soltas con distintas tonalidades de azuis, cordóns, pedriñas grises…Por outro lado, unha instalación artística de tronquiños de madeira: arcos, táboas, pezas alongadas, pezas irregulares…
Tamén tivemos tempo para crear debuxos con distinto material, experimentamos no debuxo libre co carboncillo e seguimos avanzando nas simetrías con pinceis finos, neste caso con diversas formas de folerpas de neve.
Por último, na mesa sensorial tiñamos a posibilidade de separar elementos finos, como é a area, dos elementos de maior volume: diferentes tipos de pasta. Nesta mesa traballamos con varios materiais: coladores, culleres, recipientes de distinto tamaño…

Ambientes de novembro

Ola familias,
 ao longo deste mes de novembro seguimos co traballo por ambientes de aprendizaxe, aquí vos deixamos as diferentes propostas realizadas:
No ambiente de luces e sombras seguimos traballando os elementos do outono despertando os nosos sentidos. Co retroproyector contamos historias con diferentes elementos do outono e diferentes personaxes. Tamén plasmamos na parede todo o que contamos nas nosas historias. Outra proposta que nos encantou foi a de contar historias no tipi coas lanternas e os elementos naturais do outono. Deixamos voar a nosa imaxinación e inventamos historias preciosas nun bosque no que había lobos, cabañas… Poidemos xogar, ademáis, a tapar os ollos e atopar elementos do outono nas bolsas secretas. Grazas ao noso tacto tiñamos que adiviñar de que elemento se trataba. Por outra parte xogamos coa mesa de luz e con café! nunha bandexa tiñamos café onde puidemos facer trazos, letras, debuxos de outono… con pinceis ou co noso dedo. Por último, puidemos crear un gran mural coas paisaxes de outono que aparecían proxectadas na pantalla grande. 
 
No referente ao ambiente simbólico - constructivo o tempo chegou a pouco. Entre os minimundos terrestres e mariños, onde puidemos crear os propios con elementos naturais, pasamos ratos de xogos moi agradables. Ademais puidemos xogar con material de refugallo para facer construccións: Resultaron construccións horizontais, verticais, encadeadas, en torre… Logo, coñecemos un pouco máis sobre seguridade vial, xogando con circuitos elaborados con pezas de construcción ou representados en papel continuo. Tiñamos mogollón de coches: de rally, de policías e bombeiros, turismos, motos… E terminamos cunha proposta que nos encanta, xogo de comerciantes e disfraces diversos. Todo un tempo para voar a nosa imaxinación grazas as mil posibilidades do xogo simbólico. 
 
No ambiente artístico e sensorial, tivemos distintas propostas que nos permitiron experimentar cos nosos sentidos e espertar a imaxinación de forma lúdica. Fixemos uso da mesa sensorial onde, coa axuda de diferentes materiais e utensilios(pinzas, coladores, cepillos…), realizamos trasvases, mesturamos elementos de diferentes tamaños, clasificamos e descubrimos texturas variadas. Na tuff-tray diariamente contabamos cunha proposta diferente: dende empregar pipetas e acuarelas para pintar azucre, ata pintar sobre papel albal ou de cociña. Ademais, debuxamos sobre diferentes soportes: dispoñiamos dunha mesa con acetatos e rotuladores, onde resultou que superpoñiamos os resultados para crear novas composicións; tamén pintamos arroz e macarróns de diferentes cores que nos serviron para a mesa de experimentación. Noutra das propostas démoslle a volta a unha mesa para pintar sobre papel film, tamén empregamos rolos de papel hixiénico para estampar e incluso fixemos uso dos “flis-flis”para pintar sobre un mural. 
 
No ambiente de lecto, mates e ciencia, deixamos atrás a temática do outono aínda que, por suposto, seguimos aproveitando algúns elementos propios de esta estación nas nosas propostas. No espazo da ciencia, os nenos/as manipularon materiais variados como cortiza, poliespán, pedras, piñas, grans de millo…para sumerxir en auga e descubrir diferenzas, semellanzas e diferentes propiedades dos mesmos. Tamén contaron con outros elementos como aceite corporal e fariña cos cales elaboraron a súa propia area, así como discos e algodóns que empregaron para realizar espectaculares mezclas de cores. No espazo das mates desfrutamos xogando coa nosa “máquina de sumas”, “o xogo dos paus”, o Tamgran, o emparellamento de formas e cores… Para os cales empregamos materiais de refullado e de uso común os que demos novas utilidades. Contribuíndo de este xeito o desenvolvemento de habilidades relacionadas co conteo e o valor numérico, a cuantificación, a cardinalidade, a xeometría… Por último, no espazo de lecto, contamos coa mesa de luz como recurso principal. En ela empregamos diferentes modelos de letras, números, figuras xeométricas… para traballar aspectos relacionados coa coordinación óculo-manual, a disociación hombro-brazo-man, a presión, a precisión, as grafías…entre outros moitos aspectos. En este espazo tamén dispuxemos de un xogo para traballar a conciencia fonolóxica a través da discriminación de fonemas, a pesares de que era complicado fixérono xenial! Agardamos que vos guste!

Excursión a Lugo

 

Boa tarde familias!

Rematamos as dúas saídas á facultade de Maxisterio de Lugo e xa queremos volver!

Dividímonos en dous grupos e realizamos dúas propostas diferentes.

 

Un grupo foi á proposta de arte na que tivemos a oportunidades de xogar cunhas piezas de construcción novas que non coñeciamos. As pezas permitironnos crear diferentes figuras, edificios,... Tras construir libremente de xeito colaborativo puxemos as nosas construccións nun plano para observalas e recrealas con carboncillo.

Quedaron unhas obras de arte preciosas!

 

O outro grupo foi á proposta de ambientes. Nos ambientes poidemos xogar co proxector, a mesa de luz, terra, area, auga, colorante, pezas soltas, siluetas, minimundos...

 

Ao día seguinte cambiamos de actividades, os que foron ao de arte foron aos ambientes e viceversa.

 

 

 

 

Pasámolo xenial, grazas por invitarnos e contar con nós para estas actividades.

Ata a próxima!

25 de Novembro

 

Este venres conmemoramos no colexio o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Ao longo da semana reflexionamos sobre os comportamentos que feren ás mulleres e que non debemos ter ou non debemos permitir.

Tamén fixemos unhas pancartas, reunímonos no patio cuberto e fixemos un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.

Aquí tedes o vídeo da conmemoración

 

 

O Samaín

 

Xa estamos aquí de novo para contarvos todo o que fixemos nunha das festas que máis nos gustan:

O SAMAÍN

O venres viñemos disfrazados de xeito terrorífico,

QUE MEDO!!!!

Atopámonos cunha merenda deliciosa e espantosa ;)

Tiñamos froita monstruosa, chuches e sandwichs de momias e bebemos sangue (aínda que algún di que era zume de arándano)

Despois, desfrutamos xogando cunha instalación artística, con bruxa incluída.

FOI BEN DIVERTIDO!

Gozamos un montón desta festa pero aínda tiñamos unha última sorpresa :O

Pola tarde celebramos o MAGOSTO todos xuntos degustando as ricas castañas que trouxemos da casa…

DELICIOSAS!!

 

 

 

Pasade boa ponte, vémonos á volta

COMEZAMOS COS AMBIENTES DE APRENDIZAXE

 

 

Boa tarde familias!

Xa estamos aquí de novo para amosarvos todo o que traballamos este mes nos ambientes coa temática do outono e samaín!!

No ambiente constructivo e simbólico empregamos as vosas achegas para manipular e da experimentar.

Os nenos e as nenas tiveron a oportunidade de xogar cos bonecos, manipular ferramentas e disfrazarse con diferentes costumes e accesorios. No supermercado e na cociña ofertaban os froitos e froitas típicas desta época do ano. Ademais, o tipi serviu como espazo de lectura e manipulación dos contos de forma individual e compartida.

No ámbito constructivo dispoñiamos de pezas apilables de diferentes tamaños, formas e cores, e tubos de cartón de diferentes tamaños que, misturados cos productos do outono, convertéronse en auténticos labirintos! Por último, os minimundos realizados con produtos da natureza foron un éxito!

Os venres, con motivo do SAMAÍN, na cociña realizamos una pócema terrorífica: mesturamos auga con colorante para obter o sangue, á que lle engadimos cabazas, cucarachas, arañas e incluso mazás e follas para que fora máis apetecible. Algún minimundo e espazo do corredor apareceron cubertos por teas de araña. Que difícil foi descubrir o que había debaixo!

 

No ambiente artístico e sensorial tamén traballamos de xeito manipulativo.

Tivemos diferentes propostas nas que puidemos manipular arxila, decorala con elementos da natureza de outono como paus ou pedras e logo puxémoslle cores. Tamén puidemos traballar con pezas soltas de outono e facer composicións, mandalas, simetrías…

Ademais, xogamos ca nosa mesa sensorial con terra, millo, froitos secos, carnosos,… estivemos descubrindo as súas características, texturas, colamos, pasamos por embudos, abrímolos…

Por último, traballamos a nosa parte máis artística creando un mural con follas e decorándoas con paus, follas de cores, froitos secos… quedou precioso.

Non nos esquecemos de traballar o SAMAÍN que tanto nos gusta, decorando as nosas cabazas.

QUEDARON PRECIOSAS!!

 

Seguimos co ambiente de lecto, mates e ciencia no que o outono tamén estivo moi presente pois,  puidemos experimentar coas texturas e formas dos elementos naturais que recolectamos das nosas casas. Coñecendo así as súas propiedades físicas: dureza, tacto, formas, brillo, color, porosidade…

Tamén tivemos oportunidade para traballar co vocabulario do outono e coñecer as froitas e froitos secos desta época do ano.  Buscamos as letras que compoñen cada palabra e asociamos o son á grafía. Para facer esta proposta tiñamos letras translúcidas, de imán, de plástico… ou incluso a oportunidade de facelas nós mesmos.

Sen esquecer a mesa de trazos, na que puidemos xogar con trazados en diferentes soportes, como poder ser a area.

Houbo oportunidade de xogar ao bingo do outono, con axuda da nosa ruleta puidemos gozar de divertidas partidas con imaxes do outono.

Había que estar ben atento/a!!

Aproveitando os elementos naturais que tiñamos na aula: castañas, noces, avelás, landras… fixemos repartos en bolsas zip. Podíamos facer diferentes repartos por tamaños, cores ou cantidade. Aínda que tamén dispoñíamos de variado material para facer os repartos que quixeramos.

 

Por último, no ambiente das luces e sombras, relaxación e música, os nenos/as puideron experimentar  e xogar con aparellos e materiais como o retroproxector, a mesa de luz, lanternas, elementos naturais do outono  Coa utilización destes elementos e o uso da imaxinación creamos historias proxectadas na parede, fixemos obras de arte, xogamos co contraste e a mezcla de cores, formas e texturas…  Tamén experimentaron coas posibilidades da luz así como coa ausencia da mesma potenciando así o uso dos demais sentidos.

Sen esquecer, o Samaín. En estas xornadas cobraron especial relevancia a ambientación musical, así como os elementos terroríficos incluidos das distintas propostas que os nenos/as ían descubrindo pouco a pouco. Sen lugar a dúbidas foron moi valientes!

 

Aquí tedes o vídeo de todo o noso traballo

 



 

ESTADE ATENTOS Á NOSA FESTA DE SAMAÍN!!!!

Pronto a poderedes ver :)

Benvidos a un novo curso!

 

Ola de novo familias!!

Xa estamos por aquí un curso máis, comezando con moitas ganas e enerxía :)

Durante o mes de Setembro demos a benvida aos nosos novos compañeiros e compañeiras de 3 aniños, son un grupiño estupendo e encántanos xogar con eles e elas no lecer!

Tamén demos a benvida a dous compañeiros novos en 4 anos :)

Ademais, puxémonos de novo coa nosa rutina na escola e xa estamos adaptadísimos.

Coñecemos os novos espazos como o corredor de infantil onde temos xogos de construcións e minimundos, o  novo patio con terra, herba, cociniña, xogos de auga, troncos para escalar, carretillas e ferramentas para a terra…

Velaquí  a mostra do primeiro contacto co moble do corredor.

Fomos tamén a revisar como está o noso horto, recollimos cabazas, tomates, calabacíns… e comezamos coa recollida dos restos da froita para o compost.

Por último, recolectamos elementos de outono coa vosa axuda e xa estamos listos e listas para comezar o mes de Outubro cos ambientes de aprendizaxe.

Aquí tedes unha mostra do que traballamos neste comezo de curso.

 

 

 

ESTADE ATENTOS/AS AO NOSO BLOG, FAREMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES CHULÍSIMAS!!!

 

Ata a próxima! Bo finde!

REUNIÓN INICIO DE CURSO INFANTIL

Estimadas familias!

 

Queremos informarvos de que a reunión de inicio de curso do ciclo de infantil terá lugar

  

O MARTES 6 ÁS 12:00 NA AULA DE USOS MÚLTIPLES

 

Rogamos que por motivos de organización e espazo acuda un só adulto sen nenos/as.

 

Esperámosvos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut