Skip to Content

Educación Infantil

Viaxe ao reino das emocións: ;-)

Bo día familias!

Xa estamos aquí con outro novo taller!!

Hoxe tocóunos adentrarnos no proxecto “Viaxe ao reino das emocións” que traballaremos en colaboración coa Fundación Meniños. Este proxecto permitiranos traballar a intelixencia emocional: o autocontrol, autoestima, vocabulario, as relacións sociais, a xestión emocional, a empatía e a resolución pacífica de conflictos. Como todo isto faise fundamental na etapa de Educación Infantil traballarémolo durante todo o curso escolar tanto nos talleres como de xeito individual nas nosas aulas.

Aquí vos deixamos un enlace para que lle votedes unha ollada:

http://mundodemilu.org/es/20

 

 

Hoxe coñecemos a Draco, un dragón que ten problemas para xestionar as súas emocións e que é a mascota do proxecto. A Draco axúdalle a súa amiga Andreia, unha fada que o vai guiando para resolver as diferentes situacións que se plantexan nos contos. Vímos o primeiro conto sobre a conciencia emocional no que Draco enfadábase moito porque un amigo quítalle o seu xoguete. Entre todos fixemos unha chuvia de ideas sobre o que sentimos cando nos enfadamos e como podemos actuar para resolvelo.

Despois pasamos á ACCIÓN!!

E creamos as nosas RULETAS DAS EMOCIÓNS!! Estas ruletas terémolas nas nosas clases para xogar con elas cando estemos no rincón das emocións e axudarannos a avanzar no vocabulario que nos permita expresar o que sentimos en cada momento.

 

Neste enlace temos un video resumo dalgún momento do taller de hoxe. Esperamos que nos acompañeis na viaxe por este reino!!

 


A arte do Outono

No taller deste venres deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade e fixemos unhas composicións artísticas cos elementos naturais que trouxemos das nosas casas

MOITAS GRACIAS FAMILIAS!!

Como artistas que somos, as nosas obras quedaron colagadas no noso corredor... vestindo o cole coas cores do outono.

Ademais nesta semana estivemos investigando sobre o material que trouxemos ao cole, cantas cousas!!! Ourizos, pinas, froitos secos, follas, froitos carnosos, paus, musgo... así puidemos:clasificar, contar, tocar, oler, xogar... e sobre todo pasalo ben.

Deixámosvos ver como desenvolvemos o noso taller.... 

VAIA SI CREAMOS!!

 

 

 

 

Vendimiando con Amor! ❣

Para dar comezo ao outono, o venres pasado, fixemos unha vendimia ao estilo tradicional!!

O que máis nos gusta é xogar, tocar, investigar, trastear, ensuciarnos, experimentar... así que, fóra zapatos e veña....

A ESMAGAR UVAS!!!

As sensacións foron moi diversas: está frío, molla, fan dano as pepitas, sae auga, ten un cor moi feo, ole mal, fai cóxegas, as uvas están brandas... para que finalmente sairá o MOSTO que non viño!!

Rematamos facendo un brindis polo noso traballo con zumo de uva....que por certo,

estaba BOÍSIMO!!

 

Aquí tedes unha pequena mostra da Vendimia!

 

 

 

Benvidos a unha nova viaxe!!

Cargadas as pilas tras as vacacións... Damos a BENVIDA a esta viaxe polo tempo que imos comezar.

Coa viaxe polas civilizacións coñeceremos os estilos de vida, alimentacións, festas, costumes, vestimenta... e o máis importante DIVERTIRNOS APRENDENDO!!

Deste modo, os nenos e nenas de tres anos convertiránse en Indios, os de 4 anos afondarán na vida dos Exipcios e o alumnado de 5 anos axudaránnos a coñecer aos Vikingos. Faremos investigacións, talleres, manualidades, instalacións artísticas, murais, xogos... co único obxectivo de que os nenos e nenas de Infantil aprendan xuntos, se relacionen, aprendan do outro, se axuden, respecten, cooperen...

Facendo unha PIÑA!

É por elo, que vemos importantísimo que as familias teñan presencia neste proxecto e participen de forma activa. Aproveitamos para invitarvos a que vos involucredes nesta andaina e facer máis forte o lazo de unión entre familia e escola.

Neste recuncho da páxina do cole, poderedes ver o traballo que vamos facendo entre todos, estade atentos e atentas ás NOVIDADES!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut