Complementarias

SESIÓN 16: ULTIMO DÍA DE RODAXE

Tras empezar a poñer orde, seleccionar, editar as nosas gravacións,... xa temos claro que nos queda por filmar. Así que o martes 24 de abril facemos de novo outra maratón de cine, esta vez co equipo de rodaxe a costas. Despois de planificar en común durante as primeiras sesións da mañá, 3º e 4º de ESO saímos para gravar na zona de Busnullán, o pobo de Vanessa, cambiando o que vemos por completo coa chegada do sol e a retirada da neve. Ademais filmamos as paisaxes, os muíños,...

EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS

Aproveitando que presentamos as fotos a un concurso a profe Maria José preparou unha pequena exposición sobre fotos antigas que a moitos de nós nos fixo indagar sobre o pasado e reflexionar sobre cómo cambiaron as cousas, a xente, a vida,...

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE O ACOSO E O CIBERACOSO

Outro ano máis dentro do Plan Director recibimos unha sesión a cargo da Garda Civil sobre un temas de actualidade: o acoso, tamén na súa versión de ciberacoso, xa que as redes sociais e os móbiles son xa unha parte importante da nosa vida. 

SESIÓN 12: NOVAMENTE RODAMOS: FEIRA DE PEDRAFITA CON SUBASTA E PINTINIDOIRA

Tras todo un día de planificación tocaba volver a filmar. Aproveitando que era día 5 e que tiñamos subasta de gando no día da feira baixamos parte de nós a gravar. Había moita xente pero dende o concello facilitáronnos un sitio privilexiado para poder filmar.

Distribuir contido