SESIÓN 12: NOVAMENTE RODAMOS: FEIRA DE PEDRAFITA CON SUBASTA E PINTINIDOIRA

Tras todo un día de planificación tocaba volver a filmar. Aproveitando que era día 5 e que tiñamos subasta de gando no día da feira baixamos parte de nós a gravar. Había moita xente pero dende o concello facilitáronnos un sitio privilexiado para poder filmar.
Ás 13:15 estabamos de volta no centro porque o grupo que aínda non gravara saía para Pintinidoira, onde os pais de Marcos nos acolleron, abriron as portas da súas cuadras e nos permitiron facelos parte do noso documental.
Xa nos estamos acostumando a montar e desmontar a cámara, trípode, equipo de sonido,..., a facer os rexistros, buscar planos, os mellores encadres,... Ademais todos aprendemos de todo porque nos rotamos os papeis: unhas veces somos directores/as, cámaras, axudantes de cámara e outras técnicos de son ou script.