SESIÓN 16: ULTIMO DÍA DE RODAXE

Tras empezar a poñer orde, seleccionar, editar as nosas gravacións,... xa temos claro que nos queda por filmar. Así que o martes 24 de abril facemos de novo outra maratón de cine, esta vez co equipo de rodaxe a costas. Despois de planificar en común durante as primeiras sesións da mañá, 3º e 4º de ESO saímos para gravar na zona de Busnullán, o pobo de Vanessa, cambiando o que vemos por completo coa chegada do sol e a retirada da neve. Ademais filmamos as paisaxes, os muíños,... tanto xogo nos deu que tivemos que cambiar de equipo de rodaxe, quedou Vanessa e uníronse Paula, Sofía e Carla. E pola tarde-noite os que vivimos máis preto do Cebreiro aproveitamos para rodar o anoitecer. O peor é madrugar mañá!!! Pero mirade que fotos!!