SESIÓN 17 DE CINE NA MONTAÑA: POÑENDO ORDE A TODAS AS NOSAS GRAVACIÓNS

O venres 27 de Abril, despois do moitísimo material que gravamos, tocounos a hora de poñer un pouco de orde e organización, é dicir, concretar o guión do noso documental. Ademais empezamos coas primeiras gravacións de audio. Que difícil!! Temos tantas cousas que ensinar!! Menos mal que temos ao noso cineasta Marcos que nos axuda e ten infinita paciencia.