Skip to Content

EU QUEDO NA CASA

Debido á situación actual, comunicarémonos a través do espazo abalar e da aula virtualPARA ACCEDER PREMER NA PARTE SUPERIOR DEREITA DA PÁXINA WEB XUSTO ENRIBA DOS LOGOTIPOS.

Relatos de outono

 

No mes de novembro celebrouse, no CPI DO TOURAL, un certame de Microrrelatos de Outono dirixido a rapazas e rapaces desde 3º de Primaria ata 4º da ESO,co propósito de fomentar a creatividade e estimular o uso da lingua galega na actividade literaria do alumnado.

 Os nosos rapaces e rapazas mostraron unha grande imaxinación na elaboración dos seus textos. 

ESCAPE ROOM EN FRANCÉS

O alumnado de francés do Toural pasouno en grande resolvendo enigmas relacionados coa temática do Samaín. Ao final, descifraron o código e conseguiron salvar o cole. Félicitations!

"UNHA MÚSICA, UN CONTO.."

                                 PREME NA IMAXE

ROSALÍA. TODOS POR IGUAL

                     PREME NA IMAXE

RECREOS MUSICAIS

Para festexar o Día do Músico (21 Novembro), alumn@s de Primaria e Secundaria, deleitáronnos coa súa música nos recreos, con diferentes instrumentos e agrupacións...

 

                                 PARABÉNS E GRAZAS POR COMPARTIR A VOSA ARTE !

CONTOS EN SAMAÍN

Alumnado da ESO lendo contos de medo a Primaria e Infantil á luz das candeas...

                                (PREME NA IMAXE)

25 DE NOVEMBRO

Dende o departamento de francés realizouse unha actividade para celebrar o 25 de novembro.

 

 

VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA

O pasado día 26 de novembro, os alumnos e alumnas de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitamos a Misión Biolóxica de Galicia (Salcedo, Pontevedra), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Neste lugar lévanse a cabo investigacións de mellora dos principais cultivos galegos, en canto ao seu rendemento, calidade e tolerancia fronte ás pragas.

.....

Seguide lendo no ficheiro adxunto.

EXPOSICIÓN MICOLÓXICA

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS DE VILABOA" NO CPI

Durante toda esta semana tivemos exposta na entrada do noso cole unha mostra de cogomelos que algunhas/algúns alumnas/os de secundaria recollimos polos montes do noso concello. Canta diversidade ...!!

E tamén aprendimos que os fungos teñen diferentes formas coloreando debuxos de cogomelos!


 

NOVAS

O MAGOSTO

Hoxe temos o magosto

Libros de texto Primaria e ESO curso 2019-20

Relación de libros de texto de Primaria e ESO para o vindeiro curso 2019-20.

Impresos de matrícula ESO curso 2019-2020

FEIRA DO LIBRO 2019 (en construcción)

Aquí tendes fotos da Feira do libro que se realizou este curso.

Houbo a presentación da revista escolar "Outros falares", se premedes sobre ela accederedes á edición dixital da mesma.

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA EN PONTEVEDRA

O pasado 16 de maio participamos na actividade de Correlingua 2019 en Pontevedra xunto con outros centros da contorna. Para ver máis fotos, premede aquí.

 

Facemos grafiti con DepoRúarte

 O alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO realizaron coa colaboración do grafitero Ras e, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, un grafiti á entrada do pavillón do centro.

Este grafiti foi inaugurado pola presidenta da Deputación o luns 6 de maio.

 

 

 

Preparando o grafiti from cpidotoural on Vimeo.

Convocatoria extraordinaria maio materias pendentes

Aquí tendes o calendario das probas extraordinarias para pendentes durante o mes de maio en PDF para descargar.

VACANTES 2019-20

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut