Skip to Content

Listaxe definitiva de alumnado admitido procedente de centros adscritos para o curso 2022-2023

Todo o alumnado que solicitou reserva de praza dende o CRA de Vilaboa, e dende o CEP Plurilingüe de Riomaior foi admitido.

Os prazos previstos para formalizar a matrícula para o curso 2022-2023 son:

PRIMARIA: Do 20 de xuño ata ó 30 de xuño de 2022

PROGRAMA ERASMUS +

Despois deste paréntese pola pandemia, o CPI do Toural retoma as mobilidades ERASMUS+

Nesta ocasión, dentro do proxecto KA229 "Learning for my future", un grupo de 8 estudantes e 3 persoas docentes viaxarán mañá cara a Rumanía. Os estudantes teñen entre 13 e 15 anos, (alumnado de 3º e unha alumna de 4º de ESO).

PROGRAMA ERASMUS +

PROGRAMA ERASMUS +

Presentación da curtametraxe sobre acoso escolar rodada no CPI do Toural durante o curso 2018-2019

Onte, na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, presentouse a curtametraxe sobre acoso escolar que se rodou durante o curso 2018-2019 no noso centro. Parabéns ao equipo directivo anterior e ao alumnado que participou nesta iniciativa que servirá como material para as charlas do Plan Director que se imparten por toda España. PARABÉNS !!!!

Podedes premer nos seguintes enlaces para visualizar as noticias publicadas:

http://www.crtvg.es/informativos/a-garda-civil-apoia-as-suas-charlas-div...

https://pontevedraviva.com/xeral/79590/alumnado-toural-vilaboa-video-aco...

Entrega notas ESO exames de setembro

A entrega de notas dos exames de recuperación de setembro da ESO terá lugar o vindeiro martes 7 de setembro no seguinte horario:

- 4º ESO: 10:00 horas (na aula)

- 1º, 2º e 3º ESO: 10:30 horas (na aula)

MOI IMPORTANTE: Despois de recoller as notas, o alumnado DEVOLVERÁ OS LIBROS DE TEXTO na Biblioteca do centro.

Periodo de reclamación de notas: Martes 7 de setembro e Mércores 8 de setembro

Excepto o alumnado que titule, todo o alumnado debe formalizar a matrícula para o vindeiro curso.

O prazo para formalizar a matrícula rematata o Venres 10 de setembro de 2021 e os impresos e documentación entregaránse na Secretaría en horario de atención ó público de 8:50 á 13:50 horas. 

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Activistas polo mundo que queremos.

Se premedes no arquivo adxunto, poderedes oir os programas de radio realizados polo alumnado de 2º ESO B.

Paco Nogueiras no Toural

Actividade do EDLG

PACO NOGUEIRAS fixo brincar, bailar e cantar ao público de Infantil e Primaria co seu espectáculo musical BRINCA VAI!

 

Procedemento de reclamación e criterios de promoción

Xa está publicado na aula virtual o procedemento para realizar as reclamación das cualificacións e das decisións de promoción ou permanencia.

Podedes acceder aquí.

 

 

Os criterios de promoción para educación primaria podedes velos aquí!

Títeres no Toural

Sesión de títeres

Videoconferencia con Rosa Aneiros


O día 30 de abril estivo con nós por videoconferencia a escritora Rosa Aneiros. Estivo desde a súa casa, contándonos como foi o proceso de elaboración do libro "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", no que trata o tema da migración en patera e os campos de refuxiados. Logo houbo unha rolda de intervencións na que o alumnado aproveitou para preguntar dúbidas e cuestións diversas. 
Resultou moi interesante e foi a primeira ocasión na que todo o alumnado xunto participou nunha charla por videoconferencia. 

Calendario da convocatoria extraordinaria de maio de recuperación de materias pendentes do curso pasado

Inauguración da Biblioteca do Toural!

Por fin estrenamos a nova Biblioteca do Toural

Moitas gracias a toda a comunidade educativa que colaborou moi activamente na posta en marcha desta biblioteca.

Agora, a disfrutala!

Os Bolechas no Toural

Os nenos de infantil e primaria saen na televisión!

Día de Rosalía; 24 de febreiro

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, agradece a participación do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria nas actividades de recitado e ilustración de diversos poemas de Rosalía na conmemoración do seu día.

 

 

 

Conmemoración polo Día Internacional da non violencia

Rosa Parks no día internacional da non violencia

O CPI do Toural, dende o equipo de actividades complementarias, conmemorou o día internacional da non violencia homenaxeando á gran Rosa Parks.

Premede no vídeo para saber por que foi tan importante e como o alumnado do Toural a traballou.

 

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut