Skip to Content

"Rapeando a María victoria Moreno"

O alumnado de 3º, 4º  e Obradoiro da ESO, co gallo das Letras Galegas, estiveron traballando nas clases de música,  poemas do libro "Elexías de luz" de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano.

Por grupos elexiron un poema, unha base libre de rap ou hip hop e recitaron rítmicamente a modo de rap o poema. As gravacións fixéronse na aula de música co programa Audacity e a masterización do son e  montaxe do vídeo foi feito polo Departamento de Música.

Realizouse o visionado do vídeo o día 16 de maio na aula de audiovisuais, no que foron pasando todos os cursos da ESO festexando o día das Letras Galegas.

Pódense ver os vídeos dos grupos no  blogue de música: "Música no Toural": http://musisonia.blogspot.com/ e ademais iranse colgando os dos grupos que faltan por rematar.



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut