Crepes no Toural

Rematando este solleiro mes de Outubro, o alumnado de francés de terceiro e cuarto de secundaria participou nunha actividade de inmersión lingüística da man de Jérémi , auxiliar de conversa da provincia da Bretaña francesa que , coa sua caravana “La Marinette- Crêperie” , fíxonos una demostración deste plato tradicional francés.

Comezamos cunha presentación sobre esta provincia francesa coa que temos tantos aspectos en común. Logo seleccionamos dous voluntarios/as para facer de pinches os que lles poñíamos o mandil coas cores da bandeira bretona. Continuabamos cunha desgustación de crêpes bretonas ás que cada cliente podía engadir diferentes aderezos. Namentres os/as alumnos/as íanlle facendo preguntas a Jérémi sobre aquilo que lles producía curiosidade ou interese. E para rematar, moitos alumnas e alumnos quixeron probar unha segunda crêpe, porque estaban deliciosas,  pero que tiñan que  facela eles mesmos, intentando imitar o xeito bretón no “bilig” ou plancha bretona.