Saída 3º ESO - "Pergamiño Vindel e CIFP Manuel Antonio

Antes de iniciar a viaxe de volta a Nova Iorque, conseguimos visitar e ver un anaco da nosa historia, algo do que non poden presumir moitas culturas: o Pergamiño Vindel, un manuscrito do século XIII que recolle sete cantigas de Martín Codax. Logo de velo e sabermos algo máis de como foi feito, visitamos o resto do Museo do Mar de Vigo e a súa exposicion permanente.

E para comer achegámonos o CIFP Manuel Antonio onde o alumnado do Ciclo Superior de Hosteleria cociñaron e serviron un menú exquisito. Ademais, o alumnado do CPI O Toural recibiu unha charla orientativa sobre ciclos formativos de cara a reflexionar sobre as súas futuras saídas profesionais.