Conferencia de amigos
O pasado mércores 12 de xuño, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria realizamos a “1º Conferencia de Amigos.”, que tratou sobre os traballos e as máquinas que nos axudan a levalos a cabo.
Nela tivemos a oportunidade, como expertos, de realizar unha exposición oral co posterior debate e quenda de preguntas correspondente.
Cada grupo de aprendizaxe especializouse nun área concreta, e tivo que compartir os seus coñecementos cos demáis.
Ao principio estabamos un chisco nerviosos, pero todo saíu xenial, e aprendemos moitísimo!