Animación á lectura

Clube de lectura: "O conserxe"

Os membros do grupo de adultos do club de lectura Guntín,empezan a súa actividade co privilexio de contar co autor da obra lida.

 Xosé Luís Vázquez Somoza, fixo unha exposición inicial sobre a súa intención ao escribir "O conserxe"e foi aclarando cada pregunta xurdida nun distendido e animado coloquio.

  A xuntanza destacouse por:

 - Asistencia total dos lectores inscritos.

 - Participación activa mediante preguntas e suxestións.

 - Valoración-estudo dos personaxes, lugares citados, localización de cada acto, linguaxe empregada...e en especial o tema principal e subtemas de utilidade/repercusión no ámbito escolar.

Novos títulos clube de lectura

O clube de lectura do Tino Grandío xa ten novas propostas. Son as seguintes: 

6º Primaria: Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl

1º e 2º ESO: Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Sierra I Fabra

3º e 4º ESO: Donde surgen las sombras

Grupo de adultos: Canadá de Richard Ford e Made in Galicia de Sechu Sende.

As xuntanzas para o comentario dos libros celebraranse ó longo do mes de xaneiro. Boa lectura!!

Clube de lectura

O clube de lectura do CPI Tino Grandío comeza a súa adaina neste curso 2016/2017. E faino coas primeiras xuntanzas programadas para estes días. Concretamente, a de ESO celebrarase o mércores 6 de outubro, e a de 6º de Primaria terá lugar o mércores 19.

No caso do grupo de adultos a data escollida é na derradeira semana de outubro. Nesta ocasión, o título escollido é: Donde aúllan las colinas, do autor lucense Francisco Narla. Aproveitamos esta ocasión para animar a tódalas familias a que se unan a este clube de lectura. Para calquera dúdida ao respecto, podedes chamar ao teléfono do centro: 982870363. A persoa de contacto é Silvia. Grazas a tod@s.

Distribuir contido