Iniciar sesiónBuscar |
Probas de avaliación individualizada de 3º de primariaCAL É A SÚA FINALIDADE? A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN? -Competencia en comunicación lingüística -Competencia matemática. EN QUE CONSISTEN AS PROBAS? Estarán constituídas por: -Cadernos de alumnado para cada unha das competencias -Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel. CANDO SE FARÁN? Os días 30 e 31 de maio. Máis Info: |
|