RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL
Enviado por mariafernandez o Xov, 12/21/2023 - 09:02RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL
Dende o equipo de dinamización da lingua galega nos presentan as seguintes recomendacións de lecturas para o Nadal.
Bo Nadal!!!!
MENÚS 2º TRIMESTRE
Enviado por mariafernandez o Mér, 12/20/2023 - 10:43ESCOLA DE FAMILIAS
Enviado por mariafernandez o Ven, 11/17/2023 - 17:41ESCOLA DE FAMILIAS
O próximo luns 4 de decembro levarase a cabo a 1ª sesión da Escola de Familias do CPI Plurilingüe Santa Lucía.
Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas.Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional.
A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas adictivas e en Terapia familiar sistémica.
Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.
Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia ao correo electróni e teléfono do centro escolar.
Teléfono:886159528
AGARDÁMOSVOS!!! A vosa presenza é moi importante.
O LUNS 4 DE DECEMBRO ÁS 18:30 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA
Organiza: CPI Plurilingüe Santa Lucía e o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Moraña.
CALENDARIO ESCOLAR 2023-24
Enviado por mariafernandez o Lun, 10/02/2023 - 15:13MENÚS 1º TRIMESTRE
Enviado por mariafernandez o Ven, 09/08/2023 - 12:21INFORMACIÓN INICIO CURSO
Enviado por sandrapiñeiro o Xov, 09/07/2023 - 07:09
Premendo nos seguintes enlaces, atoparedes información sobre o inicio de curso:
Circular Educación Infantil e Primaria
Ademais, para máis información, realizaranse reunións cas familias nas seguintes datas:
- 4 anos, 5 anos e aula mixta de Educación Infantil: XOVES 7 de SETEMBRO ás 16:30 no edificio de Infantil.
- 3 anos: VENRES 8 de SETEMBRO ás 12:00 no edificio de Infantil.
- 1º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria: LUNS 18 de SETEMBRO ás 16:30 no salón de actos.
INICIO DAS CLASES CURSO 2023/2024
Enviado por mariafernandez o Lun, 09/04/2023 - 13:39INICIO CURSO 2023/2024
AS CLASES COMENZAN O PRÓXIMO LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023
TODOS OS CURSO COMENZARÁN ÁS 9:30 *
*menos o curso de 3 anos que ten indicacións específicas.
Listas de material escolar
Enviado por sandrapiñeiro o Lun, 07/17/2023 - 16:42
No seguinte enlace atoparedes as listas de material escolar de Educación Primaria para o curso 2023-2024:
Listas material escolar Primaria
* EN SETEMBRO PODERASE PEDIR MATERIAL NON ESPECIFICADO NESTAS LISTAS.
* SE FOSE NECESARIO OUTRO TIPO DE MATERIAL, SEGUNDO A MATERIA OU ACTIVIDADE, PEDIRASE AO LONGO DO CURSO.
* PODERASE APROVEITAR TODO O MATERIAL DO CURSO PASADO.
RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por mariafernandez o Mér, 07/12/2023 - 13:16Dende mañán 13 de xullo ata martes 18 de xullo, farase entrega dos vales para a adquisición de libros de texto en 1º e 2º de Primaria e dos vales para compra de material escolar para Primaria e ESO, en horario de 10:00 a 13:00.
- Vales para adquisición de libros en 1º e 2º de Primaria
- Vales para compra de material escolar para Primaria e ESO
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »