AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017-18

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017-18

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario  de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material  escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación  secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con  fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

A presente orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino: participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria  e  en  educación  especial;  e  axudas  para  adquirir  material  escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria de educación especial.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (22/05/2017) e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer