Skip to Content

Sensibilización sobre a discapacidade

A pasada semana, a Asociación de Persoas con discapacidades Avante (Val do Dubra) acudiu ao centro para dar unha charla sobre "Sensibilización sobre a discapacidade" ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

Resultou unha actividade moi interesante na que os rapaces e rapazas puideron descubrir as actividades que realiza a asociación e pensar, aínda que sexa por un momento, como é a vida dende un punto de vista diferente.

Premendo na seguinte imaxe, podedes ver as fotos da xornada:

Alumnado durante a charla

 



page | by Dr. Radut