Saltar navegación.
Inicio

Circulares informativas

Reunión pais/nais alumnado 3 anos

Circular informativa pais/nais alumnado 3 anos

Recórdase aos pais/nais do alumnado que se escolariza no 4º curso de Ed. Infantil (3 anos) que o vindeiro venres día 4 ás 11:30 terán unha reunión coa Titora Rocío López Reyes na aula de Ed. Infantil para falar sobre a organización do periodo de adaptación.

Horario de setembro

* CIRCULAR INFORMATIVA MES SETEMBRO *           

HORARIO SETEMBRO :

Comunícase aos pais/nais de Educación Infantil e Primaria que ata o comezo das clases da ESO (15 de setembro) será o seguinte:

·        Día 10: Entrada ás 11:00 h.  saída ás 15:00 h.

·        Días 11 e 14 : Entrada ás  9:45 h. saída 15:00 h.

·        A partires do dia 15 de setembro e durante o mes de setembro o horario será de 9:45 a 16:00.

                                                                                  

 

Nota Informativa setembro ESO 2015/2016

NOTA INFORMATIVA SECUNDARIA

  • Recollida de libros de texto (segundo listado que se entregou en Xuño): luns 7 de Setembro, ás 10.30. (lembrade que a non entrega dos libros supón a non concesión de axuda para o vindeiro curso)

  • Entrega de notas: luns 7 Setembro, ás 11 h.

  • Prazo extraordinario de matrícula: Do 7 Setembro ata o día 10 de Setembro.

  • Prazo extraordinario de solicitude de axudas para libros de texto, para 3º ESO: Do 2 Setembro ao 2 de Outubro.

  • Listado definitivo de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto, para 2º e 4º ESO : 15 Setembro (os libros serán entregados ese mesmo día ao alumnado)

  • Comezo do curso 2015/2016: 15 de Setembro.

Listaxe DEFINITIVA fondo de libros

Listaxe DEFINITIVA do FONDO DE LIBROS para Ed. Primaria

  • A entrega de libros farase o 16 e 17 de xullo de 10:00 a 13:00 ou en setembro
  • O alumnado que non aparece con libros asignados non ten dereito a libros do fondo
  • Todo o alumnado debe mercar o libro de Plástica, Música e Inglés en Primaria
  • A listaxe de Secundaria publicarase o 15 de setembro.

Listaxe admitidos definitiva do fondo de libros Primaria

Listaxe excluídos definitivos do fondo de libros Primaria

Listaxe PROVISIONAL fondo de libros

Listaxe PROVISIONAL do FONDO DE LIBROS para Ed. Primaria

  • A listaxe DEFINITIVA farase pública o dia 15 de xullo.
  • A entrega de libros farase o 16 e 17 de xullo de 10:00 a 13:00 ou en setembro
  • O alumnado que non aparece con libros asignados non ten dereito a libros do fondo
  • Todo o alumnado debe mercar o libro de Plástica, Música e Inglés en Primaria
  • A listaxe de Secundaria publicarase o 15 de setembro.

Listaxe Provisional fondo libros Primaria.

 

Circular Fin de Curso 2014/2015

* CIRCULAR INFORMATIVA FIN DE CURSO *

             HORARIO:

                 O LUNS 1 de Xuño comezará o horario de verán. As clases empezarán á mesma hora, saíndo os autobuses, tódolos días, arredor das 16:00 H.                     

ENTREGA DE NOTAS E FIN DE CURSO:

 As notas de Primaria entregaranse o día 19 de xuño, e as de Secundaria o LUNS 22 de xuño a partires das 12:00 horas (este día non haberá servizo de transporte escolar).

As clases rematarán o VENRES 19 de xuño para educación infantil,  primaria e secundaria,

 MATRÍCULA 2015-2016:

            Só se matricularan os novos alumnos do colexio e os que cursen Educación Secundaria.

                As datas de matrícula serán as seguintes:

·        Infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

·        Secundaria:

o   Alumnos sen materias pendentes: Do 25 xuño ao 10 de xullo.

o   Alumnos con materias pendentes: Do 05 ao 12 de setembro.

PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SÓ HABERÁ QUE CUBRIR E ASINAR UN IMPRESO QUE SERÁ FACILITADO NA SECRETARÍA DO CENTRO

 COMEDOR:

Estamos á espera de recibir instrucións. Enviarase circular no seu día.

LIBROS DE TEXTO:

Estamos á espera de recibir instrucións. Enviarase circular no seu día.

             LIBROS BIBLIOTECA:

             O 5 de xuño acaba o prazo para os prestamos da biblioteca. Aqueles alumnos que necesiten coller algún libro despois desta data deberán solicitalo ao profesor da materia correspondente.

            Recordamos que os alumnos deberán devolver os libros e/ou material deportivo do colexio que teñan no seu poder, xa que de non ser así e segundo o regulamento de réxime interno non se lles entregarán as notas.

 

Circular informativa Principio de Curso 2014/2015

C.P.I. “FONTE-DIAZ”

 

 CIRCULAR INFORMATIVA Nº 1                                          CURSO  2014/2015

 

 1.- RELACIÓN DE PAIS E PROFESORES:

 

 Recordando sempre que a educación é un esforzo común, non se pode pensar nuns bos resultados do proceso educativo, se a comunicación entre pais e profesores non é frecuente. Estes contactos deben incrementarse cando observemos calquera tipo de problema,  e sempre coa intención de solucionalo,  contando coa axuda e apoio do profesional do ensino. Ademais, o Colexio ten  un departamento de Orientación,  a fronte do cal atopase unha profesora licenciada en psicoloxía e pedagoxía, que atendera ós pais preferentemente de 12:30  a 13:25, aínda que pode concertarse por teléfono outra hora calquera. No mes de Outubro haberá unha reunión por ciclos dos pais cos profesores.

 

Se ao longo do curso,a familia observase ou fose avisada de calquera anomalía, debe inmediatamente pórse en contacto co titor do seu fillo e colaborar na solución do problema.

 

 2.- HORARIO SECRETARÍA:

 

O horario de Secretaría é de 09:30 a 14:30. O teléfono e fax é o 981-504027.

 

A dirección de CORREO ELECTRÓNICO do centro e a seguinte: cpi.fonte.diaz@edu.xunta.es

 

Na páxina web do centro www.edu.xunta.gal/centros/cpifontediaz poderá consultar toda a información, regulamento e as novidades do noso colexio.

 

            Durante a primeira semana do mes de Xullo o horario será de 10:00 a 13:00 horas. O resto do mes a  Secretaría estará aberta os martes.      

 

3.- FALLA A CLASE DOS ALUMNOS:

 

 Nos tempos que nos cadraron vivir, faise imprescindible o control dos nosos fillos. O Colexio faise responsable  dos alumnos dende o momento que entran no recinto escolar,  ata que abandonan o mesmo. Para levar o control  das posibles fallas a clase é necesario que vostede nos comunique o motivo polo cal o seu fillo no pode vir ao Colexio.

 

            Así mesmo tamén deberán confirmar a non asistencia ás excursión ou actividades extraescolares, a efecto de controlar a asistencia dos rapaces ao centro.

 

            Os alumnos non poden saír do Colexio,  a non ser que veñan a buscalos os seus pais ou titores.

 

            Do mesmo xeito, recórdase a tódolos pais que fumar no centro, así como a reiteración de faltas de comportamento na clase ou a non xustificación das faltas de asistencia, poden acarrear a EXPULSIÓN TEMPORAL DO COLEXIO.

 

4.- HORARIO DAS CLASES:

 

   Educación Infantil e Primaria:

 

De luns a xoves: De 09:45 a 16:05           Os venres: de 09:45 a 13’25

 

(OS VENRES DE 14:25 A 15:45 TERÁN ACTIVIDADES OU TEMPO LIBRE,    Secundaria:

 

                     Mañás:

 

                     De luns a venres: …................. de 09:45 a 15:15

 

                     Tarde do xoves: …................. de 15:55 a 17:35

 

 O CENTRO ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS  ÁS 09:35 H

 

Na tarde dos XOVES, os alumnos de Infantil e Primaria que o desexen, farán actividades extraescolares organizadas pola APA e o Concello. Este día os autobuses sairán do Colexio ás 16:05 cos alumnos que non fagan actividades, e ás 17:35 co resto de alumnos.

 

Nos meses de setembro e xuño o horario  para tódolos alumnos é de 9:45 a 14:45, saíndo os autobuses despois de comer os rapaces, ARREDOR DAS 15:45 H.

 

 5.- BOLETÍNS DE AVALIACIÓN:

 

                           Enviaranse nas seguintes datas:

 

                                                     1ª Avaliación:          17 de Decembro

 

                                                     2ª Avaliación:          25 de Marzo

 

                                                    Avaliación Final:

 

Primaria     19 de Xuño

 

Secundaria  22 de Xuño

 

 6.- CALENDARIO DE FESTIVIDADES E CELEBRACIÓNS:

 

 v  Magosto: ………………………………………….. Mércores 29 de Outubro.

 

v  Nadal: …………………………………………….. Venres 19 de Decembro.

 

v  Día da árbore – Día da paz: ................................  Venres 30 de Xaneiro.

 

v  Entroido: ..............................................................  Venres 13 de Febreiro.

 

v  Día do libro: .........................................................  Mércores 24 de Abril.

 

v  Letras Galegas: ....................................................  Do 11 ao 14 de Maio.

 

7.- VACACIÓNS ESCOLARES:

 

 

v  Día do Mestre: ........................................... Venres 31 de Outubro.

 

v  Nadal: ........................................................  22 de Decembro ao 07 de Xaneiro.

 

v  Entroido: ...................................................  16, 17 e 18 de Febreiro.

 

v  Semana Santa: ..........................................  30 ao 6 de Abril.

 

v  Festas elixidas polo Consello Escolar:.......  Xoves 30 de Outubro e venres 15 de Maio.

 

 8.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES:

 

 Os distintos niveis programarán ó longo do curso distintas excursións culturais e recreativas. Coma tódolos anos continuaremos participando nas competicións do Deporte Escolar. Os pais terán que autorizar ós seus fillos a participar, cubrindo un permiso para todo o curso escolar.

 

A Asociación de Pais de Alumnos realizará ó igual que en anos anteriores distintas actividades.

 

Colaboramos e participamos co Concello en viaxes, mes cultural, piscina, etc.

 

 9.- COMEDOR ESCOLAR:

 

  O comedor funciona no presente curso escolar dende o 10 de setembro e ata o 19 de xuño.

 

 10.- BIBLIOTECA:

 

 Comezará a funcionar o mércores 1 de Outubro co seguinte horario:

 

                                Préstamos:  tódolos días no recreo.

 

                                Lectura: Tempo libre de primaria.

 

Aqueles alumnos que desexen utilizala biblioteca fóra do horario escolar deben solicitalo en secretaría.

 

 Teremos prensa de tódolos días, e revistas de actualidade para os rapaces.

 

 11.- HORARIO DE VISITAS DOS PAIS:

 

         No listado de profesores indícase o día e a hora de atención. (Previa solicitude de cita).

 

 12.- ENSINANZA DO INGLÉS:

 

 O noso centro foi seleccionado para participar no programa de CENTROS PLURILINGÜES, mediante o cal se impartirá a materia de plástica no primeiro, segundo e terceiro, cuarto e quinto curso de primaria en inglés, tendo asignado tamén, como apoio a este programa, un auxiliar de conversa nativo.

 

 13.- RELACIÓN DE PROFESORES,MATERIAS OU NIVEL QUE IMPARTE E HORA DE ATENCIÓN OS PAIS

 

 

PROFESOR/A

NIVEL

MATERIA

HORA ATENCIÓN

María José Furelos Dios

Infantil 3 anos

 

Mércores 13:25 a 14:25

Cristina Andrade Pardo

Infantil 4 anos

 

Martes 13:25 a 14:25

Laura Fernández Cereijo

Infantil 5 anos

 

Mércores 13:25 a 14:25

Rocío López Reyes

Apoio infantil

 

Mércores 13:25 a 14:25

Flores Cao González

1º Primaria

 

Martes 13:25 a 14:25

Pilar Rial Budiño

2º Primaria “A”

 

Mércores 13:25 a 14:25

Carmen Castro Balbóa

2º Primaria  “B”

 

Mércores 13:25 a 14:25

María Jesús Gay Chousa

3º Primaria

 

Mércores 13:25 a 14:25

Consuelo Bouzas Collazo

4º Primaria

XEFA DE ESTUDIOS

Mércores 13:25 a 14:25

Francisco Chouza Mata

5º Primaria

 

Martes 13:25 a 14:25

Francisco Yañez Calviño

6º Primaria

Ed Fís, Galego/Castell

Mércores 13:25 a 14:25

Daniel García Vázquez

Música Inf/Prim

Matemáticas 6º

Mércores 13:25 a 14:25

Asunción Aller Alamancos

Inglés Primaria

Plástica 1º, 2º, 3º, 4º e 5º

Mércores 13:25 a 14:25

Roberto Luis Casal Devesa

Primaria/ESO

Coñec. 6,Galego 2º ESO

DIRECTOR

Venres 10:35 a 11:25

Susana Villamor Lamas

Relixión Inf/Prim

 

Mércores 13:25 a 14:25

Ana Belén Quindós Regueiro

A.L. (Prim)

 

Mércores 13:25 a 14:25

María del Carmen Rendo López

P.T. (Prim)

 

Mércores 13:25 a 14:25

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Margarita Sanín Matías

Titor 1º A  E.S.O.

Plástica e Informát

Luns 12:35 a 13,25

Ana Isabel García Guimarey

Titor 2º A E.S.O.

Música e Cidadanía

Luns 12:35 a 13:25

Julian González González

Titor 2º B E.S.O.

Sociais 1º e 2º

Mércores 11:45 a 12:35

Carmen Fernández Bouza

Titor 3º A E.S.O.

Matem.1º, Física-Quím.

Luns 12:35 a 13:25

Antonio Lorenzo Bugallo

Titor 3º B E.S.O.

Xeog. 3º e 4º/ Ética

Mércores 13:35 a 14:25

José Antonio Rama López

Titor 4º E.S.O.

Matemáticas 3º e 4º

Xoves 13:35 a 14:25

Carmen Lages Padín

Titora 4º PDC

A.Ling. Cast. 3ºB-4º

Luns 11:45 a 12:35

Francisco Álvarez Vázquez

XEFE ESTUD.

Matemáticas 2º, At. Ed.

Mércores 12:35 a 13:25

Lourdes Piñón López

 

Francés, castelán 3ºA

Venres 11:45 a 12:35

María Dolores Rodríguez Feliz

 

Castelán 1º e 2º

Mércores 12:35 a 13:25

Cecilia Muras González

 

Bioloxía 3º/4º- A. Cient

Martes 11:45 a 12:35

José Daniel Pereiro López

 

Tecnoloxía

Luns 11:45 a 12:35

Manuel Sánchez Rodríguez

 

Cienc. 1º/2º,Obr.3º,Prox

Xoves 12:35 a 13:25

Daniel Asorey Vidal

 

Galego 1º, 3º e 4º

Venres 11:45 a 12:35

Sonia Pena Gómez

 

Ed. Física e inglés 1º

Martes 11:45 a 12:35

Carmen Forján García

 

Inglés 2º, 3º e 4º

Martes 11:45 a 12:35

María Cruz Tarrío Suárez

 

Pedag..Terapéut. E.S.O.

 

Estrella Rúa Barcia

 

Relixión

Xoves 12:35 a 13:25

Carmen Garabal Gómez

 

Psicóloga

CONCERTAR ENTREVISTA

 

 

 

Touro a 16 de Setembro de 2014

 

                                               O Director

 

 

 

                                     Asdo:            ROBERTO CASAL DEVESA

 

 

Circular informativa Fin de Curso 2013/2014

* CIRCULAR INFORMATIVA FIN DE CURSO *

             HORARIO:

                 O LUNS 02 de Xuño comenzou o horario de verán. As clases empezarán á mesma hora, saíndo os autobuses, todos os días, arredor das 15:50 H.               

ENTREGA DE NOTAS E FIN DE CURSO:

 As notas de Primaria entregaranse o día 20 de xuño, e as de Secundaria o LUNS 23 de xuño a partires das 12:00 horas (este día non haberá servizo de transporte escolar).

As clases rematarán o VENRES 20 de xuño para educación infantil,  primaria e secundaria,

 MATRÍCULA:

            Só se matricularan os novos alumnos do colexio e os que cursen Educación Secundaria.

                As datas de matrícula serán as seguintes:

·        Infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

·        Secundaria:

o   Alumnos que promocionan ao curso seguinte: Do 25 xuño ao 10 de xullo.

o   Alumnos con máis de dúas materias pendentes: Do 05 ao 12 de setembro.

PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SÓ HABERÁ QUE CUBRIR E ASINAR UN IMPRESO QUE SERÁ FACILITADO NA SECRETARÍA DO CENTRO

 COMEDOR:

Segue a mesma normativa do curso pasado e aqueles que desexen facer uso do comedor no próximo curso deberán solicitalo.

LIBROS DE TEXTO:

Xúntase circular informativa.

             LIBROS BIBLIOTECA:

             O 5 de xuño acaba o prazo para os prestamos da biblioteca. Aqueles alumnos que necesiten coller algún libro despois desta data deberán solicitalo ao profesor da materia correspondente.

                Recordamos que os alumnos deberán devolver os libros e/ou material deportivo do colexio que teñan no seu poder, xa que de non ser así e segundo o regulamento de réxime interno non se lles entregarán as notas.

 
 

Distribuir contido