Complementarias

Actividades Complementarias

Achéganse as activiades complementarias para o curso 2015/16 programadas polo centro e aprobadas polo Consello Escolar.

Magosto 2014

 

MAGOSTO 2014

1º   Recollida das castañas.

       Durante os días 10, 11 e 12 de novembro os/as alumnos/-as traerán dous puñados de castañas  cada un, xa asinadas (beliscadas). En Primaria,  o/a titor/-a levaraas ao despacho de Margarita; en Secundaria, os/as delegados/as encargaranse de recollelas e levalas ao despacho de Elena, á 1ª hora.

 

2º   Ambientación.

       Ao longo da semana, tanto os/as alumnos/-as de Educación Infantil e Primaria como os de ESO, coa axuda dos titores ou dos profesores de Plástica, tentarán crear un ambiente que faga sentir a chegada do outono, as súas cores, as colleitas (entre elas a castaña) e que nos prepare para a celebración do MAGOSTO.

       Sería interesante elaborar algún mural que logo, o venres, poida ser trasladado ao patio como complemento da festa.

 

3º   O magosto: Día 14 de novembro. Horario e actividades:

 Þ     12:30 – III Cross do Magosto

Participan os alumnos/as de Infantil e Primaria. Os/as de ESO poderán presenciar as probas acompañados polo profesorado.

Þ     13:30 – Xantar (Infantil e Primaria)

O alumnado de ESO terá a última clase da mañá.

Þ     15:00 – Entrega de premios

Þ     15:30 – Degustación das castañas asadas

Þ     15:45 – Música tradicional

Þ     16:00 – Recoller e subida ás aulas

 

 Nota: Recollemos máis suxestións no EDLG.

Storytelling

...

Sesión de contacontos en inglés

O día 20 de maio a compañía de teatro “Face to face” estivo no noso centro. Realizaron dúas sesións: “Lost in Space”, para o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria e “Abracadabra” para o Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria.

Así se fai o mel

 
...

 
1º Ciclo Primaria

Os nenos/as do primeiro ciclo tivemos a visita dun apicultor e as súas abellas.

Usamos tódolos nosos sentidos. Oímos as abellas, observámolas , as súas larvas, a abella raíña, as obreiras;  tocamos tódolos aparellos do apicultor; ulimos o mel, a cera da abella para facer as velas e, por último, degustamos o mel

Festival do Entroido 2014

A Semana da Cociña Internacional Saudable e o I Concurso de Doces de Entroido configuraron o menú dunha semana de carnaval gastronómica, organizada polo Equipo Directivo, na que o Festival de Entroido 2014 puxo a guinda.

I Concurso de Doces de Entroido

...


Fotos: José Ramón Castro

Os máis de setenta participantes certificaron o éxito do I Concurso de Doces de Entroido, celebrado no Polideportivo do Centro na mañá do venres 28 de febreiro.

Contacontos "O APALPADOR" na Bioblioteca

 

O contacontos será escenificado por Ana López e Melanie Coedo.

Concurso de postais de Nadal

Postais presentadas polos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria ó concurso no que se elixirá a postal de Nadal do Centro.

Día contra a violencia de xénero

Teresa Estévez

Celebramos o 25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero facendo dous murais co lema: “Ningún xénero de violencia”.

Distribuir contido