Magosto 2014

 

MAGOSTO 2014

1º   Recollida das castañas.

       Durante os días 10, 11 e 12 de novembro os/as alumnos/-as traerán dous puñados de castañas  cada un, xa asinadas (beliscadas). En Primaria,  o/a titor/-a levaraas ao despacho de Margarita; en Secundaria, os/as delegados/as encargaranse de recollelas e levalas ao despacho de Elena, á 1ª hora.

 

2º   Ambientación.

       Ao longo da semana, tanto os/as alumnos/-as de Educación Infantil e Primaria como os de ESO, coa axuda dos titores ou dos profesores de Plástica, tentarán crear un ambiente que faga sentir a chegada do outono, as súas cores, as colleitas (entre elas a castaña) e que nos prepare para a celebración do MAGOSTO.

       Sería interesante elaborar algún mural que logo, o venres, poida ser trasladado ao patio como complemento da festa.

 

3º   O magosto: Día 14 de novembro. Horario e actividades:

 Þ     12:30 – III Cross do Magosto

Participan os alumnos/as de Infantil e Primaria. Os/as de ESO poderán presenciar as probas acompañados polo profesorado.

Þ     13:30 – Xantar (Infantil e Primaria)

O alumnado de ESO terá a última clase da mañá.

Þ     15:00 – Entrega de premios

Þ     15:30 – Degustación das castañas asadas

Þ     15:45 – Música tradicional

Þ     16:00 – Recoller e subida ás aulas

 

 Nota: Recollemos máis suxestións no EDLG.