Skip to Content

Preme aquí para ver os distintos artigos da revista.

O luns 4 de xuño os nen@s de 1º e 2º de Primaria desplazamonos a Pontevedra para visitar Apipolis. Pasamos un día estupendo e divertido, fixemos varias cousas, galletas con mel, envasamos mel nuns botes, fixemos unha vela de cera natural ademáis de visitar unha fantastica exposición sobre as abellas. Ademáis de divertirnos, os nen@s aprenderon moitas cousas novas. Pero sen dubida o que máis lles gustou foi pollerse o traxe de apicultor e ver unha colmea en vivo e de preto.


O pasado 16 de maio as nenas e nenos de 5º de Primaria viaxamos de excursión ata A Guarda, alí visitamos o Castro de Santa Tegra e o seu museo pola mañá.

Despois comemos e pasamos un bo rato dándonos un chapuzón na praia de Camposancos.


Descarga ou visualiza os menús de xuño premendo nas ligazóns correspondentes:

- Menú escolar de xuño

- Menú dieta de xuño

- Menú celíaco de xuño

- Menú Iago de xuño

O día 30 de Abril no patio de educación primaria estivemos practicando diversos xogos populares, algúns tan novidosos que ata algún profe se atreveu a probalos.

Alumnos e alumnas do CPI da Cañiza, dende os 6 até os 12 anos, participan no concurso "Cuéntanos cómo ves Internet" con motivo da celebración do Día de Internet o próximo 17 de maio.

Manuel, o profesor de Relixión, é o responsábel de promover e coordinar a participación do noso alumnado neste evento. E é por todo isto que vos pedimos a todos que VOTEDES os traballos que presentaron estes rapaces e rapazas na seguinte páxina web:

http://www.diadeinternet.org/2012/index.php?body=col_cat_todos_centro&id_auteur=1074

Ata o 6 de maio, poderedes cada día votar dous traballos, xa sexa dende o computador xa dende calquera dispositivo móbil con conexión á Internet. Evidentemente, cantas máis veces se vote, máis posibilidades pode haber de gañar.

ANIMÁDEVOS e VOTADE!!

O xoves 28 de Marzo disfrutamos dunha nova xornada de deporte escolar.

Os compañeiros e compañeiras do colexio Mestre Ramiro Sorbell de Ponteareas visitaron o colexio da Cañiza para xogar a baloncesto e floorball. Disfrutamos dunha gran mañá con xogos e rematamos cunha gran merenda.


Distribuir contido


by Dr. Radut