Educación plástica e visual

Presentacións PROXECTO INTERDISCIPLINAR

Para visualizar as presentacións de PROXECTO INTERDISCIPLINAR, preme aquí

Presentacións - Proxecto Interdisciplinar 1ºESO.

Como xa saberedes, neste curso estamos a traballar no tema da Animación, é dicir, nas técnicas que dan sensación de movemento a debuxos e figuras.

No 1º Trimestre estivemos a buscar información sobre todo o relacionado co tema: orixes, historia e técnicas, e fixemos unhas Presentacions de diapositivas. Velaquí tedes unha selección dos traballos realizados.

 

Próxima visita á CASA DAS ARTES

O vindeiro luns 7 de febreiro o alumnado de 4º da ESO que curse a disciplina de Educación Plástica achegarase a Vigo a coñecer a obra do renomeado artista galego Laxeiro.

A súa obra é unha fusión entre modernidade e tradición.

Xunto con Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Carlos Maside e outros formou o grupo "Os renovadores" dentro da vangarda artística galega.

 

 Ligazóns de interese:

GRAN CONCURSO LOGOTIPO DO CPI A CAÑIZA

BASES DO CONCURSO

CURSO 2010/11

(Se queres descargalas en formato PDF preme aquí)

Obxectivo

Creación dun logotipo inédito do CPI A Cañiza para a páxina web do centro.

Quen pode participar?

Calquera alumno/a do CPI A Cañiza que curse a ESO, de forma individual ou en equipo.

Os grupos terán un máximo de 4 membros.

Como deben ser os deseños?

Os deseños do logotipo do centro deben ser orixinais e tentar que representen o mellor posible o centro.

Como presento os meus deseños?

  • Sobre soporte bidimensional (papel, cartolina...) de formato DIN A4 realizado na técnica que mellor se adapte ao que queres representar. Podes usar lapis grafito, lapis de cores, rotuladores, collage, traballar no ordenador e despois imprimilo, etc...

  • No anverso da folla ou lámina co debuxo deben aparecer o nome e apelidos do autor/es, así coma o curso e grupo ao que pertencen.

 

Prazos de presentación

O último día de presentación será o día 17 de decembro de 2010.

Onde o entrego e a quen?

Podes entregalo a calquera das profesoras de Educación Plástica, Marta ou Laura,na aula de plástica ou na sala de profesores.

 

Quen é o xurado?

Formarán parte do xurado os seguintes profesores/as:

  • Javier Souto

  • Xabier Álvarez

  • Marta Acitores

  • Nuria Ameijeiras

  • Laura López

 

Cal é o premio?

O deseño gañador converterase no logotipo oficial da páxina web do centro.

 

Resolución do xurado

O resultado farase público á volta de Nadal.

O xurado resérvase a opción de modificar/adaptar o deseño en función da súa finalidade.

 

 Segue os seguintes consellos para crear un bo logotipo

Distribuir contido