Taboleiro
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-21
Enviado por de.cima o Lun, 13/07/2020 - 11:05Comunícase que o día 9 de xullo saíu publicada a orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021.
En educación infantil e primaria as clases comezarán o xoves día10 de setembro e rematarán o 22 de xuño de 2021.
Na ESO as clases comezarán o mércores 16 de setembro e rematarán o 22 de xuño de 2021.
O comedor escolar comezará a funcionar o día 10 de setembro.
A dirección
EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º PRIMARIA
Para ir rematando este curso tan atípico, o alumnado de 5º e 6º de Primaria debe realizar un traballo teórico sobre os XOGOS OLÍMPICOS. Sabedes que este ano 2020 era ano olímpico e íanse celebrar as olimipadas en Tokio( Xapón); debido á situación sanitaria que vivimos éstes quedaron aprazados ata 2021.
O traballo consistirá en buscar información( GOOGLE) sobre os seguintes puntos que deberán estar desenrolados no traballo:
1.- Xogos olímpicos antigos e modernos. Breve explicación.
2.- Deportes que se traballaron no colexio( hockey, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol, bádminton) dende cando son olímpicos e breve historia olímpica de cada un deles.
3.- Principais deportistas mundiais e españois da historia moderna do olimpismo.
O traballo terá unha extensión máxima de 10 folios DIN-A4. Enviarase ao mestre a través da dirección de correo electrónico jose@cpidacaniza.com
O PRAZO DE ENTREGA E ATA O 5 DE XUÑO
Se algún alumn@ ten problemas para a realización do traballo pola falta de material tecnolóxico ( ordenador etc) que se poña en contacto comigo para tentar buscar unha solución.
EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º PRIMARIA
A nova actividade que imos plantexar para os vindeiros 10 días consiste na realización dun xogo ou xoguete con material de reciclaxe( envases, papel, cartón etc). Podedes facer o que queirades, pero como mostras déixovos estas tres imaxes para que vexades que cun chisco de imaxinación podemos traballar contidos da Educación Física...
Para poder avaliar a actividade é preciso que enviedes unha FOTO do xogo ou xoguete a través do correo electrónico ou whattsapp.
PRAZO DE ENTREGA DO 20 AO 31 DE MAIO.
A ACTIVIDADE SÓ É PARA 3º e 4º DE PRIMARIA
CORE (INSTRUCCIÓNS)
Está é a tarefa que imos facer nos vindeiros 10 días. Si premedes na imaxe anterior, ides atopar un vídeo curtiño con oito exercicios de Core.
Para a realización da actividade os nen@s deben facer 6 dos 8 exercicios que aparecen no vídeo. Observade ben o vídeo; xa que para evitar lesións e importante que fagades os exercicios cunha execución perfecta( NON DE CALQUERA XEITO).
SE FACEDES O FAVOR GRABÁDELOS REALIZANDO OS EXERCICIOS E ENVÍADESME O VÍDEO DO MESMO XEITO QUE FIXESTEDES NA ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN CORPORAL.
Ide mirando este apartado da páxina cada certo tempo e estar pendentes das notificacións vía Abalar, para saber das novas tarefas de Educación física.
O PRAZO DE ENTREGA DA TAREFA VAI DENDE O 6 DE MAIO ATA O 16 DE MAIO ( ámbolos dous inclusive).
Para calquera dúbida podedes contactar comigo a través da aplicación Abalar ou no meu número de teléfono.
A seguir coidándose!!
Jose
