Skip to Content

Taboleiro

Hoxe mércores os alumn@s de 6º de Primaria desprazáronse ata a parroquia de Guláns en Ponteareas para participar na fase zonal de campo a través( Condado-Paradanta).

En total foron 24 valentes que desafiaron unha climatoloxía xélida e un circuíto esixente.

Os resultados foron enormemente positivos. Na categoría alevín feminino 7 das primeras oito participantes foron do noso cole ( Grandes Laura, Yésica, Alexia, Lucía, Xiana, Cleemili, Paula.....), conseguindo a clasificación individual e por equipos para a fase final de Pontevedra a celebrarse en xaneiro en Cesantes (Redondela).

O equipo masculino tamén obtivo bos resultados destacando o segundo posto de Amine e o quinto de Aarón.     Noraboa a tod@s.........

 

                             O profe Jose

 

Aquí vos deixo os apuntamentos dos tres primeiros temas da materia de Educación Física de 4º ESO

Na revista Galega de Ensino, Eduga, recollen un artígo referente o traballo desenvolvido o ano pasado de forma colaborativa entre algúns profesores de primaria e secundaria, sobre a arte relixiosa no pobo.

Aquí tedes o enlace para consultar.

A CAÑIZA ARTÍSTICA

http://www.edu.xunta.es/eduga/598/proxeccions/caniza-artisticaLogo da revista Eduga

NOVAS SOBRE O CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015

O CURSO ESCOLAR COMEZA O 10 DE SETEMBRO DE 2014 PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA, E O 15 DE SETEMBRO DE 2014 PARA A ESO.


 


AS CLASES REMATARÁN O 19 DE XUÑO DE 2015.

NOVO HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA DE DOCUMENTOS

A partir do xoves 3 de xullo, o horario para entregar documentación será de luns a venres de 10.30 a 12.30.

PRAZO PARA ENTREGA DE SOLICITUDES DE AXUDA DOS LIBROS DE TEXTO 2014-2015

O prazo para entregar as solicitudes de axuda de libros de primaria remata o 2 de xullo.


O prazo para entregar as solicitudes de axuda de libros de secundaria remata o 28 de xullo. RECOMÉNDASE que se entreguen antes do 15 de xullo para emitir os vales e que poidan ser recollidos antes do comezo das vacacións.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2014-2015

IMPRESOS PARA A MATRÍCULA 2014-2015

Nota: As enquisas só hai que cubrilas para o alumnado que comeza 4º de Educación Infantil.

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Axudas para a adquisición de libros de texto destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e ESO, en centros sostidos con fondos públicos.

Distribuir contido


by Dr. Radut