Cross escolar Ponteareas 2014

Hoxe mércores os alumn@s de 6º de Primaria desprazáronse ata a parroquia de Guláns en Ponteareas para participar na fase zonal de campo a través( Condado-Paradanta).

En total foron 24 valentes que desafiaron unha climatoloxía xélida e un circuíto esixente.

Os resultados foron enormemente positivos. Na categoría alevín feminino 7 das primeras oito participantes foron do noso cole ( Grandes Laura, Yésica, Alexia, Lucía, Xiana, Cleemili, Paula.....), conseguindo a clasificación individual e por equipos para a fase final de Pontevedra a celebrarse en xaneiro en Cesantes (Redondela).

O equipo masculino tamén obtivo bos resultados destacando o segundo posto de Amine e o quinto de Aarón.     Noraboa a tod@s.........

 

                             O profe Jose