Skip to Content

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Axudas para a adquisición de libros de texto destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e ESO, en centros sostidos con fondos públicos.

Procedemento reclamacións cualificacións finais ESO

Tras as aclaracións oportunas co/a profesor/a, se procede, o pai/nai/titor legal poderá solicitar por escrito a revisión de cualificacións os días 23 e 24 de xuño. A solicitude de revisión será tramitada pola Xefa de Estudos.

O día 25 de xuño a Xefa de Estudos comunicará ao pai/nai/titor legal a decisión adoptada polo/s Departamento/s.

No caso de persistir o desacordo, o pai/nai/titor legal poderá solicitar por escrito ao Director, no prazo de dous días a partir da última comunicación do Centro, que eleve a reclamación á Xefatura Territorial.

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios no comedor escolar

As nais, os pais, os/as titores legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 2014-15, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio no comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá abierto ata o día 28/09/2014, podéndose reabrir o novo prazo, de ser o caso, ata o 21/12/2014.

Pendentes Secundaria 2014

PROXECTO MOCIDADE ONLINE

Imaxe do proxecto mocidade online

Dende a Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Valedor do Pobo acaban de por en marcha un proxecto co que se pretende abordar de maneira seria e responsable un problema que está a espertar cada día maior interes social: O uso que os menores fan de internet e as Novas Tecnoloxías.

Co apoio de ambas institucións expertos de Universidade de Santiago e da  AMTEGA desenvolveron unha plataforma online abalada cientificamente, que vai permitir dispor dun coñecemento rigoroso do problema, achegándonos a todos os estudantes de E.S.O de comunidade galega.

O procedemento a seguir para a recollida da información consistirá na cumplimentación telemática por parte do alumnado dun breve cuestionario, entre 13 e o 30 de Maio, nas dependias do colexio (Aulas de informática, biblioteca). O cuestionario será cuberto de maneira individual e sempre garantindo o anonimato e a confidencialidade das respostas de cada neno/a, xa que en ningún momento se lees pedirá ningún tipo de dato persoal ou identificativo.

Cos  resultados da enquisa, a Consellería pretende poñer en marcha no futuro, programas que favorezan un uso saudable destes recurso.

 

No caso de non querer, como representante legal,como nai ou pai do seu fillo participe nesta enquisa, póñase en contacto coa dirección do centro.

Acceso a enquisa: Pincha na imaxe

Imaxe de acceso a enquisa do proxecto mocidade online

Carta da Consellería as familias.

DATAS DE ENTREGA DAS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

Ata o día 20 de Marzo estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2014/2015 no 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacherelato.

A votación celebrada o día 24 de febreiro ofreceu os seguintes resultados:


- VOTANTES:              111


- VOTOS A FAVOR:       62


- VOTOS EN CONTRA:   48


- VOTOS EN BRANCO:     1


Ao non cumprir o requisito de acordo favorable do 58% do total do censo, procédese ao arquivo das actuacións.

Ata o 31 de xaneiro estará exposto o censo electoral de nais/ pais para a votación da xornada única en Educación Infantil e Primaria do CPI da Cañiza.


O prazo de reclamacións sobre o censo comenzará o día 27 e rematará o 31 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut