C. Naturais

A 1ª vez que visitamos o laboratorio

O alumnado de 5º A realizou a súa primeira visita ao laboratorio, para ir tomando contacto co método científico.

Aprenderon algunhas normas básicas para acceder ao laboratorio ademais do nome dalgún material específico.

Puideron manexar a lupa binocular e o microscopio. Viron a parede celular dunha cebola.

Disolucións

Con motivo do Samaín, en primeiro e segundo de primaria fixemos un obradoiro de cociña. Cada clase preparou unha sabrosa merenda. En 2ºB traballamos as disolucións coa xelatina.

Experiencia cun ovo.

Na clase de ciencias da natureza fixemos un pequeno experimento de tres días. Previamente elaboramos unha folla rexistro onde prediciamos o que pensabamos que ía a ocorrer (a nosa hipótese) e logo anotabamos o que acontecía pasado un día. O primeiro paso foi encher un bote de crital con vinagre de uva. Despois introducimos o ovo.  Case de inmediato observamos dúas cousas: o ovo flotaba e estaba recuberto de burbulliñas. No segundo día, o ovo afundiuse e a cascada desapareceru.

O noso corpo.

Para afianzar os contidos do tema de ciencias da Natureza fixemos varias estruturas. pero nesta entrada ímos explicar o Folio xiratorio. A tarefa consistía en poñer os nomes os órganos que interveñen no aparato respiratorio. Cada neno/a ten como misión escribir un e facer xirar o folio coma as agullas do reloxo hacia o compañeiro/a.

As propiedades da materia

Sabedes cantas cousas podemos aprender observando os obxectos máis simples?

En 5ºB estivemos analizando as propiedades xerais da materia: a masa e o volume. Fixémolo pesando e medindo o volume de obxectos variados, coa axuda dunha báscula electrónica e uns recipientes graduados.

AS PLANTAS: O PROCESO DE NUTRICIÓN

Para comprobar como o zume bruto sube ata as follas para crear alí o zume elaborado, utilizamos, a modo de exemplo, flores, auga e colorante alimentario.

O noso corpo en plastilina

O noso corpo por dentro ten un montón de aparatos encargados de realizar as funcións vitais: nutrición, reprodución e relación. Para estudalos pareceunos boa idea representalos con plastilina. Esta é unha mostra do noso traballo.

Ecosistemas

En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión