ARCO e Proa +

Exhibición Garda Civil

Participamos cos  nos@s compañeir@s de 5º de Primaria nunha exhibición de solidaria a cargo da Garda Civil. Vimos varias demostracións e puidemos subir en distintos vehículos oficiais. Colaboramos entregando un kilo de comida para Cáritas.

 

ENCONTROS COAS AVOAS

           ENCONTROS COAS AVOAS

8 DE MARZO

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

Desta volta vimos de celebrar o Día Internacional da Muller con nove mulleres super importantes: as avoas do noso alumnado da ESO.

As mulleres, tanto no espazo familiar coma no laboral tiveron, e seguen a ter, numerosas tarefas e responsabilidades, constituíndose nun eixo vertebrador das familias e da sociedade, nun piar básico da súa construción. Porén, as ditas tarefas e responsabilidades estiveron sempre, e seguen estando, relegadas a un segundo plano en importancia. O centros educativos temos a obriga de traballar a prol da igualdade de xénero, visibilizando o papel das mulleres, e fomentando a reflexión e análise sobre as desigualdades que existiron, e aínda existen, entre ambos.     

Queremos mulleres con corazóns cheos de vida: NON á violencia de xénero

Desta volta acabamos de realizar unha serie de actividades, nas que participou todo o alumnado do noso CPI, para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Trátase dunha proposta coa que quixemos unirnos á campaña de ONU MULLERES “Pinta o teu mundo de laranxa- Deixa a túa pegada”.

Colaboramos e creamos!!!

O alumnado de 5ºA e 5ºB colaborou na elaboración dun traballo plástico sobre Neira Vilas, recordando a este grande escritor galego que xa visitou o noso

centro 3 veces.

 

Educación Emocional con Perspectiva de Xénero

    O alumnado de 1º da ESO participou neste terceiro trimestre nun obradoiro de Educación Emocional con Perspectiva de Xénero.

 

 

Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais

    O alumnado de 4º da ESO participou nunha Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais, impartida pola asociación A Creba. Nela tratouse de facerlle ver ao alumnado que as persoas con enfermidades mentais sofren unha patoloxía similar a outros enfermos crónicos, no sentido de que, despois dun correcto diagnóstico, poden levar unha vida normal en sociedade coa axuda da medicación. Non levan pois, unha etiqueta identificativa na súa fronte, e calquera persoa pode chegar a padecer unha enfermidade mental.

Xornada de Sensibilización sobre a Discapacidade e o Deporte Adaptado

Nesta ocasión o alumnado de 4º da ESO tivo unha xornada sobre deporte e discapacidade. Foi impartida por ADECO-DEA en colaboración coa asociación MISELA. Nela interviu o presidente de ADECO-DEA, José Barrio, quen relatou as súas propias vivencias no eido do deporte adaptado. Tamén interviron outras profesionais, como unha psicóloga e unha terapeuta ocupacional, que se encargaron de dar unha visión detallada dos beneficios do deporte a nivel psicolóxico e terapeútico.

Deseñando o teu futuro

   O martes 12 de abril o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO recibiu unha charla dun Técnico de Información Xuvenil da Xunta de Galicia para informarlles da posibilidade de realizar estadías en empresas entre 5 e 15 días durante o verán, cos seguintes obxectivos:

Distribuir contido