Xornada de Sensibilización sobre a Discapacidade e o Deporte Adaptado

Nesta ocasión o alumnado de 4º da ESO tivo unha xornada sobre deporte e discapacidade. Foi impartida por ADECO-DEA en colaboración coa asociación MISELA. Nela interviu o presidente de ADECO-DEA, José Barrio, quen relatou as súas propias vivencias no eido do deporte adaptado. Tamén interviron outras profesionais, como unha psicóloga e unha terapeuta ocupacional, que se encargaron de dar unha visión detallada dos beneficios do deporte a nivel psicolóxico e terapeútico. Os alumnos  e alumnas participaron de forma activa, interesándose polas adaptacións que se fan nos distintos deportes.

 

 

  

  

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión