ARCO e Proa +

OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL COÑECEN PRIMARIA

Remata unha etapa e comeza outra. Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan unha mochila cargada de experiencias e emocións, que sen dúbida lles vai ser moi útil para afrontar o paso á Ed. Primaria con moitas ganas e ilusión.

Porén, quixemos axudarlles nesta transición, e o mércores día 21 de xuño, o alumnado de 1º de Ed. Primaria recibiunos nas súas aulas. Alí, ademais de darlles a benvida a esta nova etapa, titorizáronos nunha entretida actividade, e explicáronlles coas súas palabras como era primaria. Finalmente, compartiron merenda e agasalláronos cun pequeno detalle, para celebrar o seu paso de etapa.

Agora só nos queda desexarlles un estupendo verán a todos, no que brinquen, desfruten e o pasen moi ben en compañía das súas familias!

Aquí vos deixamos unhas fotos e vídeos da experiencia; esperamos que vos gusten!

 

II MERCADO TRADICIONAL

Se queredes ver as fotos e toda a información referente ao mercado do pasado 9 de xuño, clicade AQUÍ.

 

 

UNHA PARTIDA DE PARCHÍS EN 4ºB

Experimentar é o noso! este ano dende a clase de Educación Física fixemos unha mezcla interesante sumando: matemáticas, compañeirismo,moito moito equilibrioooooo e un pouco de parchís!! 

 

PREPARATIVOS

Mañá é o gran día, despois do traballo de todos e todas, por fin imos poder gozar do II Mercado Tradicional no noso centro. De momento aquí vos deixamos unhas cantas fotografías dos preparativos do evento. 
Dende o EDL esperamos, sinceramente, que todo sexa do voso agrado e que todos e todas o poidamos pasar moi, moi ben.
Unha vez máis, recordámoslles ás familias que están convidadas, esperámolas!!!O DAS
 
SE QUEREDES VER O RESTO DAS FOTOS CLICADE AQUÍ.
 
 

Arte solidario en Infantil B

Vimos de visitar a exposición dos compañeir@as de Infantil B. 

Algúns dos compañeiros de Infantil B  (Pedro, Alejandro, Roi, Leo e Ramón) guiáronnos ao longo da exposición axudados da profe Ana.

A exposición consta de tres partes.

  • A primeira parte da visita realízase fóra da aula, onde hai un mural enorme no que explícan o que é ser un refuxiado e o traballo que realiza a ONG Save de Children.
  • A segunda parte realízase dentro da aula, onde se poden ver numerosas interpretacións de cadros famosos feitos polos máis pequenos. Ademais durante a visita vannos contantdo curiosidades acerca da súa elaboración.
  • Finalmente, a visita remata cunha venda solidaria a favor de Save de Children. Os autores dos cadros fan unha factura e cobran o diñeiro aos visitantes que desexen mercar. 

 

Visita á exposición cartográfica

Desta volta, visitamos a exposición cartográfica dos compañeiros de 3º da ESO. A nosa guía, Raquel,  estivo moi pendente de que entendésemos todo e de resolver todas as dúbidas que puidesemos ter.

LETRAS GALEGAS 2017

O alumnado do centro traballou arreo ao redor da figura homenaxeada este ano para celebrar a festa da nosa lingua e da nosa cultura. Se queredes ver todo o traballo realizado ou acceder a algún tipo de información sobre Carlos Casares, clicade nos enlaces e o Blog da Silva poñeravos ao día.

 

   CARLOS CASARES           INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA XUNTOS

Resultado de imaxes para Carlos Casares        

 

Distribuir contido