ARCO e Proa +

Papeleiras de reciclaxe

Ó longo destes últimos meses todas as aulas do CPI Cernadas de Castro, dirixidas polos seus titores e titoras, ademais da aula  da nosa especialista de Pedagoxía Terapéutica de Primaria emplearonse a fondo en deseñar e construír a súa propia papeleira de reciclaxe. E menudos artistas están feitos! A semana pasada podemos disfrutar dunha exposición que deixou a máis dun coa boca aberta.

Aí vos deixamos unhas fotiños de recordo 

Mes de abril. Aula e grupo gañador

Xa temos uns novos gañadores! O grupo de 2º ESO C, de tan só 5 alumnos e alumnas, veñen  de ser os gañadores do pasado mes de abril. Nesta ocasión o xurado quixo premiar a estes rapaces e rapazas polo seu tesón e esforzo á hora de mellorar unha das aulas que partía ciunha maior desventaxa respecto ás demais. A súa implicación máis a da súa titora  tivo como resultado este ben merecido recoñecemento. Parabéns aos seis!

Aula e grupo gañador. Mes de marzo

Aquí temos os primeiros gañadores do concurso"A nosa aula si que mola", o grupo de 2ºESOA. O xurado considerou que foi o grupo que máis melloras fixo  en canto a limpeza, orde, decoración,...Parabéns e grazas aos alumnos e alumnas así como á súa titora pola labor ben feita.  Tamén as grazas aos demais grupos pola súa implicación e sorte para o seguinte mes.

Aí vai unha fotiño do grupo e a titora posando na súa aula da que se sinten orgullosos.

 

A nosa aula si que mola

Este é o título do concurso que se iniciou no mes de marzo no CPI Cernadas de Castro. Mes a mes, o xurado composto pola nosa conserxe María, por un alumno/a de primaria e polo profesor de Educación Plástica, Adolfo, elixen aquela aula que presenta mellor aspecto en canto á orde, limpeza, decoración,...O alumnado gañador recibe un premio, de xeito individual, polo seu traballo, esforzo  e contribución á mellora das aulas.

Temos que dicir que o alumnado, dirixido fundamentalmente polos seus titores e titoras,está a realizar un fantástico traballo. 

Por outra banda, todo o centro está volcado na procura dunha mellor convivencia. As aulas todas preparan afanosamente a súa  papeleira de reciclaxe e tamén unha serie de lemas que consideran fundamentales para a  convivencia nun centro educativo.

Para que vos fagades unha idea aí van unhas primeiras  fotos 

páxina 39

páxina 38

páxina 37

páxina 36

Distribuir contido