|
|||
Este xoves 16 de novembro celebramos o XVII Día do Peón, da man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes. Acompañando a actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar. E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado. Premendo na seguinte foto pódese ver varios momentos da actividade.
|
|||
|
|||
Menudo Samaín máis terrorífico o deste ano! Os corredores enchéronse de bruxas, vampiros, esqueletos,...ao redor do castelo e do cemiterio cheo de tumbas. |
|||
A III edición do concurso "Decoración de Portas Terroríficas Samaín 2023" organizado polo centro Amicos trouxo consigo que o noso centro fose o gañador, concretamente coa porta da aula do alumnado de 1º de Primaria PARABÉNS a estes pequen@s artistas e á súa mestra, Ana, pola súa creatividade e bo facer e o noso agradecemento a tod@s os que nos deron o seu voto.
|
|||
|
|||
Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primara e Secundaria. Canles de información: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h. A entrega do vale de material a partir do 5 de setembro. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »