[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

Visita á minas de San Fins

Os departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia organizaron onte luns 15 de xaneiro unha visita ás minas de San Fins para coñecer mellor a historia do patrimonio industrial do Concello de Lousame. A técnica de cultura do mesmo, Teresa Sobradelo, explicoulle ao noso alumnado de 3º e 4º ESO as orixes históricas das minas así como diferentes aspectos relacionados coa explotación das mesmas a través do tempo. 

Esta visita permitiulle ao noso alumnado reflexionar sobre as implicacións sociais, culturais e ambientais da explotación da mina en Lousame e na súa contorna. 

Moitas grazas ao Concello pola súa colaboración.

IR Á GALERÍA DE IMAXES

RESERVA DE PRAZA _CURSO 2024_25

reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de 4º ESO que vai continuar estudos no IES Virxe do Mar (centro ao que estamos adscritos)

 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA

 Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 Documentación:

 ANEXO I para que o alumnado de 4º ESO poda cumprimentar a súa reserva. 

A reserva de praza para os centros adscritos poderá facerse telemáticamente a través da aplicación "admisión alumnado".  (Ligazón)

 SOLICITUDE DE PERMANENCIA para o alumnado que o vindeiro curso continuará estudos no centro.

 PERIODO DE ADMISIÓN

Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro o período de admisión abranguerá dende o 1 ao 21 de marzo de 2024.

 ACCESO WEB CONSELLERÍA

CROS DE NOIA, 5 decembro 2023

O pasado 5 de decembro nos desprazamos ao Estadio de San Lázaro en Noia para participar na 1ª xornada de CROS escolar enmarcado dentro do programa XOGADE. Acudimos á cita un total de 44 alumnos e alumnas das categorías infantil e cadete.

Preme no seguinte enlace para ver as CLASIFICACIÓNS da proba e na foto para ver o álbum de imaxes.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Cros de Noia

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES EN USO

MULLERES EMPRENDEDORAS DO RURAL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CPI Plurilingüe Cernadas de Castro súmase, un curso máis, á loita contra a violencia de xénero. Baixo o lema #Eu quero que..... toda a comunidade educativa expresou o seu desexo de igualdade e respeto entre homes e mulleres.

Preme na imaxe para ver o álbum.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Eu Quero

RECOLLIDA DE PRODUTOS DE ASEO E DE LIMPEZA

DÍA DO PEÓN

Este xoves 16 de novembro celebramos  o XVII Día do Peón, da  man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño  ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes.

Acompañando a  actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha  exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar.

E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de  que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado.

Premendo na  seguinte foto pódese ver  varios momentos da actividade.

 

Distribuir contido