[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46

RECOLLIDA DE PRODUTOS DE ASEO E DE LIMPEZA

DÍA DO PEÓN

Este xoves 16 de novembro celebramos  o XVII Día do Peón, da  man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño  ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes.

Acompañando a  actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha  exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar.

E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de  que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado.

Premendo na  seguinte foto pódese ver  varios momentos da actividade.

 

CONCURSO DE CABAZAS_SAMAÍN 2023

Como non podía ser doutro xeito, non faltou o noso tradicional concurso de cabazas neste Samaín 2023. Noraboa a Unai, Mateo, Xoel, Pablo e Manuel por ser os gañadores desta edición!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso de Cabazas

SAMAÍN 2023

Menudo Samaín máis terrorífico o deste ano! Os corredores enchéronse de  bruxas,  vampiros,  esqueletos,...ao redor do castelo e do cemiterio cheo de tumbas.

GAÑADORES NO CONCURSO DECORACIÓN DE PORTAS

 

A III edición do concurso  "Decoración de Portas Terroríficas Samaín 2023" organizado polo centro Amicos trouxo consigo que o noso centro fose o gañador, concretamente coa porta da aula do alumnado de 1º de Primaria

PARABÉNS a estes  pequen@s artistas  e á súa mestra, Ana, pola súa creatividade e bo facer e o noso agradecemento a  tod@s os que nos deron o seu voto.

 

 

CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

RECADADOS 990€

xustificante do ingreso

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

Listaxe definitiva das axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2023-24.

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primara e Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h.

A entrega do vale de material  a partir do 5 de setembro.

LISTA DE LIBROS DE TEXTO DE ED. SECUNDARIA_CURSO 2023_24

Distribuir contido