[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46

Premio ao Proxecto Interdisciplinar"Os xogos"

O CPI Cernadas de Castro ven de ser galardonado  no Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar polo Proxecto "Os xogos" realizado o curso pasado baixo a coordinación da responsable da biblioteca Dona Mª Jesús Rodríguez , coa colaboración das profesoras Dona Isabel Macias e Dona Maria García e coa participación dos  alumnos e alumnas de 1º ESO. Para todos eles os nosos parabéns!

Videoconferencia "A ciencia da programación de ordenadores(tamén en galego)"

O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu co profesor de Tecnoloxía  Fran del Río e coa profesora de Matemáticas Pilar Cobas á videoconferencia emitida dende a Universidade de Vigo "A ciencia da programación de ordenadores" impartida polo relator Don Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría de Telecomunicaión na Universidade de Vigo.

Cociña de terror...

Con motivo da celebración do Samaín os nenos e nenas da clase de 3ºA realizamos un taller de cociña de medo. Elaboramos "Plátanos pantasma" e "cabazas laranxa". Pasámolo de medo seguindo os pasos das nosas receitas e disfrutamos dunha merenda saudable.


Despois de merendar escribimos as receitas no noso caderno para poder facelas outro día na casa.

MAGOSTO E SAMAÍN

   Se vos apetece ver a gran festa que organizamos polo magosto e a estupenda exposición de cabazas e produtos do outono, clicada na foto e iredes directamente.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-15

Premendo nos arquivos adxuntos podedes ver a relación de libros de texto para o vindeiro curso.

Saída de 3º de ESO ao Parlamento de Galicia

Tedes as fotos na nosa galería

Camiñada Chans do Barbanza

Un ano máis, coincidindo co programa de celebración das letras galegas, fixemos a camiñada anual pola nosa contorna. Este ano os alumnos de 6º de primaria e ESO fixeron un percorrido de case 17 kms dende o monte Iroite á Curota.


Se queres ver as fotos da xornada, vai a nosa galería.

Camiñada Chans do Barbanza

CANTA CONNOSCO!!

Distribuir contido