Skip to Content


Que mellor para pasar a noite de Samaín, que o flamante novo Premio Nacional de literatura infantil da galega Ledicia Costas?... A nós non se nos ocorreu nada, por iso este libro de cociña e aventuras no inframundo é a nosa recomendación para este mes.



O Samaín trouxo todo tipo de actividades á nosa biblioteca:

Un concurso de cabazas moi concurrido, cuns fantásticos e imaxinativos traballos do alumnado de Primaria

Acompañado dunhas incríbles cabazas de papel maché do alumnado de 6º

A lectura de contos aos máis pequenos e, como todos os venres, o apadriñamento lector

A exposición de lecturas de medo "Un outono de terror"

O noso tradicional concurso de realtos de medo

E, como colofón, a festa final. Na que nos xuntamos para que as/os gañadoras/es do concurso lesen as súas historias:

  



Facemos coincidir a apertura do préstamo na Aula de Lectura co Día das Bibliotecas: @s biblotecari@s de Primaria ocuparanse de ensinar aos lectores como buscar un libro.

 

 



A VINDEIRA SEMANA COMEZAN OS PRÉSTAMOS NA AULA DE LECTURA DE PRIMARIA

No cadro aparecen que día realizan o préstamo cada curso

luns martes mércores xoves venres

5ºA

5 anos(BALEAS)

4º e

4 anos (PARRULOS E PITIÑOS)

1º e 2º

 3 anos(FORMIGAS)

5ºB



Hoxe o alumnado de 4º ESO asistiu a Radio Voz Carballo para participar no XV concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís e gravar unha lectura dramatizada do "Paso III" do Auto do Castromil, a pequena peza teatral que no ano 1992 Manuel María (autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016) dedicou á figura de D. Ramón Otero Pedrayo. Podedes escoitar a lectura AQUÍ.

     

Cris e Isa                                                        Tito e Víctor

 

      

Martín e Carla                                                     Gravando

 

Os artistas posando no photocall



Estes son os nosos novos lectores de 1º ESO A e B na recollida dos seus carnés de lectores e facendo as súas primeiras buscas.

 

 

 



                                  

 Este ano o centro participará novamente no Plan Proxecta, co proxecto "O mundo que queremos".

 Para ir introducindo ao alumnado tanto no mundo da  ilustración (que trataremos de perto coa constelación sobre cómics), como no concepto de cooperación para o desenvolvemento, o equipo de Biblioteca propuxo comezar o curso coa exposición "OS MEUS OLLOS AS TÚAS MANS" da ONGD galega IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO, que trata de achegar o labor das voluntarias pola igualdade de xénero e a erradicación da pobreza nos países do Sur.

 Estará colgada na entrada do centro durante todo o mes de outubro e aberta á visita de calquera que teña curiosidade por vela e coñecer o labor que esta ONGD fai na India.

 

  



Por: Anair Velo Vázquez.

 

 Por: Alejandro Álvarez Fernández.

Distribuir contido


by Dr. Radut