Skip to Content


 

MERENDAS SAUDABLES

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

OPCIÓN 1

Peza de froita de temporada.

Bocadillo (pan fresco) de atún e tomate ou paté caseiro.

Almendras ou pistachos (crus e sen sal).

Iogur natural ou de sabores caseiro (iogurteira).

Galletas caseiras ou ecolóxicas.

 

Variado, saboroso, saudable … Todo é cuestión de acostumarse…

OPCIÓN 2

Macedonia de froita de temporada.

Bocadillo saudable de aguacate e queixo oude xamón serrano e aceite.

Noces ou anacardos (crus e sen sal).

Taquiños de queixo fresco ou queixo cremoso con picatostes caseros.

Biscoito caseiro ou ecolóxico.

Os alimentos, canto menos procesados, mellor.



 

Intruccións do CPI Plurilingüe Cabo da Area para poder solicitalas neste enlace



O tempo de lecer co que contamos no periodo de comedor pode ser moi rico e estar cheo de diversión e aprendizaxe. Asi pois, contamos con diversas opcións, que en tempos de PANDEMIA, vense moi limitadas en canto aos compañeiros e compañeiras con quen compartir, e en canto ao uso que se fai dos materiais. Non obstante, coa incrible capacidade de adaptación demostrada polo alumnado e profesorado, seguimos a disfrutar do noso patio e da nosa biblioteca. 

 

CLUBE DE LETURA: "LIBROS AO CABO"

O Clube de Letura é un proxecto que xurde este curso na etapa de educación primaria, como continuación ao xa existente na etapa de ESO, dende hai xa anos. Diversos cursos (4º, 5º e 6º de primaria) reunímonos unha vez a semana, por grupos, para compartir e falar sobre as nosas leturas, para descubrir libros novos na biblioteca e facer recomendacións, para debuxar e, por suposto, para LEEERRRRR!!!! Esta actividade é, ao igual que o resto, VOLUNTARIA e DIVERTIDA.

 

ESPAZOS DEPORTIVOS E CONVIVENCIA

O noso recinto escolar exterior é moi rico e diverso. Contamos con herba, con area, con pista de fútbol e baloncesto, e cunha gradas estupendas para observar e conversar. Os máis pequerrechos e pequerechas contan cun estupendo areal (tan ansiado en tódolos centros escolares) que permite o desenvolvemento da súa psicomotricidade e creatividade, entre moitas outras cousas.

Todos estes espazos contan con material específico como pelotas de diverso tipo, raquetas de badminton, cordas, aros, cubos, palas, etc. A lectura ao sol tamén é unha estupenda posibilidade así como a simple charla que nos permite afianzar as amizades e practicar as nosas habilidades sociais e o bo trato.

CUMPRINDO AS SINXELAS NORMAS DE CONVIVENCIA O ESPAZO DE LECER DO COMEDOR É UNHA OPORTUNIDADE DE APRENDER E DIVERTIRSE!!!



ASÍ NOS DIVERTIMOS...



O noso comedor é unha oportunidade de aprendizaxe nun espazo non formal no que, ademáis de comer, podemos relaxarnos e divertirnos. Co obxecto de mellorar o uso e a convivencia no comedor escolar establécense unhas normas que deben ser coñecidas polas familias e comentadas cos nenos e nenas e coa rapazada na casa. Esperamos e queremos que grazas á colaboración de todos e todas, consigamos un axeitado e satisfactorio ambiente no comedor, o cal influirá na armonía e boas formas, ademáis dunha correcta alimentación.

O que precisamos para que a nosa estancia no comedor sexa ideal é seguir unha serie de normas MOI SINXELAS que nos benefician a todas e todos ...

1. ENTRA NO COMEDOR DE FORMA ORDENADA E MANTENDO UN TON DE VOZ AXEITADO.

2. ESPERA CON PACIENCIA E COMPOSTURA A QUE CHEGUE A COMIDA.

3. MANTÉN A MESA SEMPRE LIMPA E EN ORDEN E NON DEIXES CAER OU TIRES A COMIDA.

4. CHARLA NUN TON DE VOZ AXEITADO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO TEU LADO.

5. PRACTICA OS HÁBITO DUN BO/BOA COMENSAL:

- USA CORRECTAMENTE OS TENEDORES.

- USA AS SERVILLETAS, MASTICA COA BOCA PECHADA E NON FALES COA BOCA CHEA.

- PIDE AS COUSAS POR FAVOR E DÁ AS GRACIAS.

- TRATA CON RESPECTO E SEGUE AS INDICACIÓNS DAS COIDADORAS E COIDADOR.

6. RESPETA A INSTALACIÓN DO COMEDOR (MESAS, CADEIRAS)... COIDA O QUE É DE TODAS E TODOS.

7. RESPETA O TEU SITIO ASIGNADO SEMPRE (O COVID ASÍ O ESIXE).

8. O TEMPO DE PATIO É UNHA OPORTUNIDADE PARA XOGAR E RELACIONARSE. PON EN MARCHA AS TÚAS HABILIDADES SOCIAIS.

9. MOI IMPORTANTE!!!! AS PERSOAS QUE SUPERVISAN AS MESAS DE CADA CURSO, AS COIDADORAS E COIDADORES, SON AS ENCARGADAS DE QUE AS NORMAS ANTERIORES SE LEVEN A CABO, POLO QUE DEBES RESPETALAS E SEGUIR AS SÚAS INSTRUCCIÓNS. 

 

CONTAMOS CONVOSCO!!!

La importancia de transmitir hábitos saludables desde la infancia | Faros  HSJBCN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut