Skip to Content

CPI Plurilingüe CABO DA AREA

INFORMA:

Segundo a Orde 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2018 - 2019 abranguerá do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.

Será preciso presentaE a seguinte documentación:

  • Solicitude de ingreso que será única e terá carácter vinculante.

  • 2 Fotos tamaño carnet

  • Fotocopia do libro de familia (folla do neno/a e do matrimonio)

  • Autorización dos proxenitores para a admisión do alumno.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (pai, nai, e do neno/a).

  • Fotocopia do DNI (pai, nai e do neno/a)

  • Fotocopia de Título Oficial de Familia numerosa.

  • Certificado médico

  • Certificado minusvalía

  • Familia monoparental acreditar con:

     

    • Certificado de convivencia

    • Resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas partena-filiais ou convenio regulador.

     

  • Impreso de transporte

  • Certificado do padrón municipal

  • Copia da renta, no caso de que solicite o servizo de comedor

  • Certificación académica en caso de estar matriculado en cursos anteriores.

 

Toda a documentación que se presente deberá ser orixinal ou copia cotexada.

 

NOTA: Tódolos impresos serán proporcionados na secretaría do centro no seguinte horario:

Mañás: de 9:30 a 13:30

 

Laxe, a 26 de febrero de 2018

A Dirección


Para conmemorar o Día da muller traballaremos a canción Matriarcas de Guadí Galego.

 

 

 


As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de E.P. viaxaron o Luns 19 de Febreiro á Coruña para ver unha obra de teatro en inglés. Pinchando aquí accededes ás fotos.


Onte e hoxe foron os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º os que viaxaron a Coruña ao Museo de Belas Artes.


Onte as nenas e nenos de 1º e 2º de E. Primaria viaxaron á Coruña ao Museo de Belas Artes. Alí coñeceron diferentes persoaxes do museo e as súas historias e fixeron un obradoiro no que cofeccionaron coa técnica do collage un retratro.


As mestras de Primeiro están a traballar este curso sobre diferentes países, por iso convidaron a Fabi, un rapaz nado na República Centroafricana, para que viñese a falarlle a todo o cole sobre África. Nos ensinou fotos vendo os contrastes da África máis coñecida para nós polos medios de comunicación, e a outra África que non soemos ver tan a miúdo. Nos falou dos distintos animais que conviven alí, bailamos con música típica do país e desgustamos uns postres de plátano que el mesmo fixo.


As nenas e nenos de 4º de E. Primaria estiveron traballando antes do Nadal sobre o consumismo e as necesidades reais que tiñan á hora de pedir xoguetes. Acabaron chegando a conclusión de que con cousas que tiñan na casa podían facer os seus propios xoguetes, e decidiron facer unha exposición como a que vedes a continuación:


A semana pasada os nenos e nenas de quinto e sexto viaxaron á Coruña para disfrutar dun concerto didáctico no Palacio da Ópera.

Pinchando a continuación tedes as fotos.



by Dr. Radut