Skip to Content

Hoxe tivemos a sorte de contar coa actuación do Teatro das avoas, que nos fixeron pasar un rato moi divertido.


Aquí tedes o enlace ao formulario para a avaliación. Grazas por participar, xa sabedes que a vosa opinión é moi importante.

https://goo.gl/forms/AQNXgpSHLzUsTtkx1

 


Onte as nenas e nenos de 3º e 4º de E.P. pasaron un bo rato escoitando á escritora María Canosa. Pinchando na imaxe tedes as fotos.


O luns 30 estivo no cole ,por invitación da ANPA, o mago Benxamín.Pinchado na foto verás todas as imaxes da xornada!


O venres 27 recibimos a visita da escritora Sabela Núñez Singala, autora do libro "O agasallo de Anya", que nos falou do seu libro e de como surxiu a idea de escribilo. 

Podedes ver as fotos premendo aquí.

Tamén podedes visitar o seu blog para ver a entrada que nos adicou pinchando aquí.

 

 


DÍA DA CIENCIA NA RÚA (A CORUÑA)

COA PARTICIPACIÓN DE ALUMNADO e PROFESORADO

DO CPIP CABO DA AREA


Con motivo da celebración do Día do libro, os nenos e nenas dende Infantil ata Secundaria, xuntáronse no patio para facer un apadriñamento lector. Os/as maiores elexiron un conto para lerlle aos máis cativos/as.

Ademais dende o Concello procedeuse á entrega do premio á nena máis lectora a unha das nosas alumnas: Ainara Rodríguez Blanco.

Clicando aquí tedes o enlace ás fotos.


 MUSEO DE BELAS ARTES (Venres 13 de abril)

O alumnado de secundaria desprazouse ao MUSEO DE BELAS ARTES  da Coruña para desenvolver actividades complementarias (visita + taller) relacionadas coas artes:

"As mulleres no Museo" (1º  e 2º ES)

"Os gravados de Goya" (3º e 4º ESO)

Premendo na imaxe se pode acceder ás fotografías das actividades.

 


 

 

 

Xa están dispoñibles as Rutas dende (ou ata) o CPI Plurilingüe Cabo da Area.
Aquí tedes o enlace á páxina de wikiloc onde atoparedes todas as rutas feitas polos alumnos de 3º e 4º da ESO dentro da materia de Educación Física para o Plan Proxecta deste curso 2017/18 "Paisaxe e Medioambiente".  Preme na imaxe superior.

 



by Dr. Radut