Skip to Content

charla lecturas tics

As bibliotecas escolares configuradas como centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe van evolucionando e adaptándose ás novas necesidades educativas e sociais, ampliando as súas posibilidades e deseñándose como centros creativos de aprendizaxe, integrados na vida da institución educativa.

A biblioteca escolar ten como principal misión a de exercer de mediadora da lectura no centro, proporcionando recursos, servizos e oportunidades para o desenvolvemento de competencia lectora para todo tipo de textos, soportes e finalidades, así como de hábitos de lectura no conxunto da comunidade escolar. Por outra banda, a biblioteca escolar pode actuar como axente de compensación social, cando ofrece á comunidade un acceso igualitario á información, a educación e a cultura. Neste sentido, a apertura das bibliotecas fóra do horario escolar resulta de gran valor para a comunidade educativa na medida en que proporciona un espazo de encontro que favorece a vivencia dun lecer enriquecedor e complementa a oferta educativa e cultural do medio máis próximo. 

Nos últimos anos, as bibliotecas escolares máis activas realizaron importantes avances na implicación das familias na educación lectora dos máis pequenos, organizando actividades para familias na biblioteca, preparando espazos de lectura específicos para pais e nais, creando seccións destinadas ás familias na colección ou implicando os propios pais e nais en actividades de lectura e de buscas de información, entre outras. É asi como no IES VILAMARIN, nos adentramos nesta aventura.......a primeira charla dirixida aos pais.

 

AdxuntoTamaño
Presentacion charla Lectura e Internet que aportan as TIC á lectura.pdf1.43 MB
Presentación charla Emprego educativo dos videoxogos (2).pdf1.43 MB


story | by Dr. Radut