Skip to Content

Benvidos/as

Benvida

Benvidos/as á páxina Web do Centro Residencial Vilamarín, pertencente á Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria.

Como Directora e en nome de todos/as os/as que formamos parte da Comunidade Educativa, quero saudarlles e desexarlles que a información que se facilita a través desta páxina, sexa do seu interese.

Quero aproveitar este espazo para dar a coñecer o centro e todo aquel labor que facemos para adecuarnos ás novas esixencias e retos que nos propoñemos cada ano.

Para levar a cabo este proxecto contamos con persoal docente cualificado para a atención personalizada, así como con servizos e instalacións adecuadas para as necesidades do alumnado.

Somos un Centro Residencial para estudantes de, ciclos básicos, medios, superiores, que cursan os seus estudos no CIFP de Vilamarín. Ademais de manutención e aloxamento, favorecemos as relacións entre alumnos/as de distinta idade e procedencia, así como a adquisición e/ou o reforzo de valores esenciais para a convivencia:

-Potenciamos a transmisión de valores de tolerancia e a cooperación; a educación en igualdade e o respecto ao medio ambiente.

-Fomentamos a aprendizaxe cooperativa, a capacidade crítica, así como a autonomía persoal e a autoestima.

-Actuamos ante calquera forma de violencia ou conduta discriminatoria fronte ás diferenzas.

Para rematar, e co fin de estimular e motivar o uso adecuado do seu tempo libre e de lecer, o noso centro programa cada curso distintas actividades que poidan ser de interese para o noso alumnado, (charlas interactivas, taller de xardinaría, curso de yoga-taichi, animación a lectura, entre outras).

Eva Fachado

Directora

 

Lugar O Palacio, 2.  32101 - Vilamarín

Cód. centro: 32016285

Tlf.: 988 68 50 50

 

ies.vilamarin@edu.xunta.es

Distribuir contido


by Dr. Radut