logo

 

cabecera

Descubrindo o Antigo Exipto:
un traballo por proxectos


Marta Meilán Fuentes
CPI Castro Baxoi. Miño


Educar non é encher unha botella de auga, senón axudar a medrar unha flor á súa maneira. Noam Chomsky.

Introducción


Este proxecto baseouse nunha concepción construtivista da aprendizaxe, onde se formulou o coñecemento como unha elaboración activa por parte do alumnado, nunha contorna no que aprenden e constrúen saberes a partir dos seus propios intereses, necesidades e motivacións
Na sociedade na que nos atopamos e coa introdución nos currículos das competencias ou destrezas básicas, faise preciso reformular a nosa práctica educativa, renovarse e adaptarse a novos nenos e nenas, nenos e nenas con novas inquedanzas e intereses. Por iso, dende os meus comezos, veño apostando por unha escola na que os métodos de aprendizaxe se centren no propio alumnado, métodos no que sexa o devandito alumnado o verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. Nun contexto de traballo onde aprender sexa relacionar e interiorizar a información, onde a aprendizaxe é experiencia e onde o erro sexa unha vía para atopar e descubrir o camiño axeitado.

Escolas nas que o alumnado aprenda grazas á súa curiosidade e o seu interese por descubrir e investigar sobre diversos temas que sexan do seu atractivo. Algo, que sen dúbida, contribuirá « ao desenvolvemento de múltiples competencias e fomentará a adquisición da intelixencia máis funcional.

Presentación da experiencia

Dentro desta concepción de educación naceu a experiencia «Descubrindo o antigo Exipto», levada a cabo no curso 2009/2010 na Escola de Fontenla, unha escola mixta de Infantil e Primaria, que xunto a outras cinco escolas, forman na actualidade o CRA Os Remuíños de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

O tema do noso proxecto, xurdiu a partir dos intereses do alumnado, expresados nunha asemblea; un dos momentos ou rutinas que levamos a cabo no noso día a día na aula. Nesta asemblea, enfocouse o tema da pirámides e de Exipto; e visto o interese amosado polo mesmo, xurdiu a necesidade por parte do alumnado de saber máis cousas sobre o tema, por iso decidimos investigar e levar á práctica este traballo.

Esta experiencia, tivo como obxectivo fundamental que o alumnado se achegase e aprendese todo o que lle interesaba dunha civilización, dun momento da historia… tan afastado no tempo e no espazo á súa realidade, empregando como recursos de traballo: a actividade lúdica, a observación, a exploración, a experimentación e mais a manipulación.

Achegar o alumnado a un tema tan lonxano como a civilización exipcia fomentando o uso das TIC, espertar no alumnado o interese por adquirir novos coñecementos, adquirir unha actitude de respecto cara outras culturas, gozar coa adquisición de novas habilidades e coñecementos, descubrir e entender os mitos máis representativos do antigo Exipto, así como identificar as características básicas dos principais deuses do panteón exipcio e reis e raíñas da civilización do antigo Exipto, empregar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como unha ferramenta básica no proceso de ensino-aprendizaxe e participar activamente no traballo de grupo planificando e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinións e adoitando un comportamento responsable, construtivo, comprometido e solidario foron outros dos obxectivos principais, programados ao redor da planificación desta proposta didáctica.

Metodoloxía


Neste contexto de traballo, as aprendizaxes foron levadas a cabo a través da observación, exploración, investigación, experimentación, manipulación e a actividade lúdica; é dicir, mediante unha aprendizaxe por descubrimento que permitiu a interiorización e relación axeitada de información
Este proxecto baseouse nunha concepción construtivista da aprendizaxe, onde se formulou o coñecemento como unha elaboración activa por parte do alumnado, nunha contorna no que aprenden e constrúen saberes a partir dos seus propios intereses, necesidades e motivacións, partindo desde a orixe até acehgármonos ás concepcións previas do tema a traballar.

O desenvolvemento deste proxecto tivo tres fases fundamentais.

Na primeira fase, organizouse o proxecto e definiuse tendo en conta, as concepcións previas do alumnado respecto ao tema obxecto de estudo. Tamén, baseándonos nos coñecementos previos do alumnado e nos seus intereses, elaborouse un guión, tendo presente: Que sabemos do antigo Exipto? e Que queremos saber? Ademais, nesta fase, levamos a cabo o proceso de búsqueda de información sobre o tema, implicando tamén ás familias e demais membros da comunidade educativa.

Na segunda fase, tratamos a información recollida, a través de diversas fontes, e puxemos en práctica a experiencia con diversas actividades.

Na terceira fase, fixemos a valoración e conclusión global do proxecto, comparando as ideas iniciais sobre o tema co aprendido despois de traballar o mesmo.

Neste contexto de traballo, as aprendizaxes foron levadas a cabo a través da observación, exploración, investigación, experimentación, manipulación e a actividade lúdica; é dicir, mediante unha aprendizaxe por descubrimento que permitiu a interiorización e relación axeitada de información.

Tratamento das competencias básicas

Unhas das premisas desta estratexia metodolóxica foi que o alumnado adquirira, «a través de actividades diversas executadas de forma progresiva e gradual, unha suma de habilidades, destrezas, actitudes e competencias básicas, inherentes ao sistema educativo:

Escolma de actividades


Unhas das premisas desta estratexia metodolóxica foi que o alumnado adquirira, «a través de actividades diversas executadas de forma progresiva e gradual, unha suma de habilidades, destrezas, actitudes e competencias básicas, inherentes ao sistema educativo
O fomento destas competencias foi motivado pola realización de actividades diversas sobre o tema que o alumnado decidiu traballar. Aquí podedes ver unha escolma de tres tarefas realizadas durante experiencia:

Actividade 1: »Elaboramos a nosa documentación do proxecto»

A medida que ía avanzando o proxecto, cubriamos unhas fichas de investigación para a nosa documentación do proxecto, acerca dos conceptos e da información que iamos vendo.

Ademais, estas fichas, servíronnos tamén para traballar diferentes conceptos (lóxica-matemática, lecto-escritura…) que veñen expresados nos currículos, e que relacionábamos co tema do antigo Exipto.



Actividade 2: »Achégamonos ao antigo Exipto coa axuda das TIC»

Empregando as TIC como recurso, a mestra, deseñou unhas actividades en liña relacionadas co tema, empregando os programas educativos «Jclic» e «Hot Potatoes».



Actividade 3. Facemos «arte» exipcia: papiros, gravados exipcios, pirámides, nocelleiras…con materiais de refugallo»

A arte exipcia, traballouse coa posta en práctica dun taller de manualidades exipcias, entre as que estiveron: fabricación de xoias como: nocelleiras exipcias, creadas aproveitando rolos de papel hixiénico; papiros, fabricados con gasas e unha mestura de café, cola branca e pirámides.